Home A Coruña A Xunta analiza co concello de Boimorto a instalación do quinto contenedor...

A Xunta analiza co concello de Boimorto a instalación do quinto contenedor para a recollida dos biorresiduos

- Anuncio -

Ambas administracións coinciden na súa preocupación polos prazos e as novas obrigas que suporá para as entidades locais a futura Lei de residuos estatal

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Boimorto, María José Novo, analizaron esta semana o proceso de implantación no municipio do chamado quinto contedor, é dicir, o destinado á recollida separada dos biorresiduos domésticos.

No transcurso dunha xuntanza para abordar diversos asuntos de interese municipal, a responsable autonómica lembrou que se ben a xestión do lixo é unha competencia exclusiva dos concellos, a Xunta quere axudalos a cumprir coas súas obrigas legais, tendo en conta que deberán ter implantada a recollida selectiva dos residuos orgánicos antes do 31 de decembro de 2023, segundo marca a Unión Europea.

Neste sentido, a alcaldesa trasladoulle o compromiso do Goberno local coas súas obrigas en relación á separación dos residuos de orixe doméstica e, máis concretamente, coas relativas aos biorresiduos. De feito, cómpre lembrar que o municipio está adherido ao programa de compostaxe doméstica de Sogama desde o ano 2013, no marco do cal xa recibiu e repartiu entre a súa veciñanza 65 compostadores co fin de facilitarlles a xestión da fracción orgánica dos seus residuos.

Así mesmo, Boimorto tamén solicitou unha axuda para a implantación dun punto limpo móbil ao abeiro da convocatoria de subvencións 2020-2021 da Consellería para financiar actuacións en materia de residuos de competencia municipal. O importe solicitado para o camión no que se montará a instalación de recollida será de case 99.000 euros e unha vez estea operativo dará servizo tamén aos veciños de Curtis, Vilasantar e Sobrado.

Con relación tamén á xestión dos residuos, a conselleira e a alcaldesa falaron da Lei básica estatal en materia de residuos e solos contaminados, cuxo proxecto está nestes momentos en tramitación e ante o cal ambas recoñeceron a súa preocupación, xa que fixa criterios, obrigas e prazos para as entidades locais difíciles de abordar, técnica e materialmente.

Por ese motivo, tal e como lle trasladou Ángeles Vázquez, a Xunta presentou xa varias emendas á futura norma referidas, entre outras cuestións, ao establecemento a nivel municipal da recollida separada dos residuos perigosos de orixe doméstica ou ao censo de instalacións e emprazamentos con amianto que deberán elaborar os concellos.

Relacionadas

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das...

0
Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu...

Saída de vía con dous vehículos involucrados na AG-11, en Boiro

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon esta tarde unha saída de vía na AG-11 en sentido Padrón, á altura do quilómetro 23. Dous...

A Banda Municipal de Música da Coruña bateu o seu récord de espectadores e...

0
A formación municipal programou o ano pasado un total de 47 espectáculos, cunha asistencia total de 45.500 espectadores A Banda Municipal de Música da Coruña...

Miño amplía o servizo de Xantar na Casa de 10 a 15 persoas beneficiadas

0
O renovado convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asegura a continuidade do programa ata 2028. O Concello de Miño...

Publicacións Relacionadas