Home A Coruña A Xunta anima a Vilarmaior, Irixoa e Aranga a implantar iniciativas de...

A Xunta anima a Vilarmaior, Irixoa e Aranga a implantar iniciativas de compostaxe para converter os residuos orgánicos en compost

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez lembra que a Consellería establece axudas para apoiar aos concellos rurais no impulso da compostaxe individual e comunitaria

— Invita a estes municipios da comarca de Betanzos a seguir fomentando o programa de compostaxe doméstica de Sogama, que xa chegou con 140 compostadores a Vilarmaior e con 135 a Aranga

A Xunta anima os concellos de Vilarmaior, Irixoa e Aranga a implantar nos seus termos municipais iniciativas que aposten pola compostaxe, co fin de xestionar os residuos orgánicos e convertelos en compost.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e os tres alcaldes —Carlos Vázquez (Vilarmaior), Antonio Deibe (Irixoa) e Alberto Platas (Aranga)— mantiveron unha reunión na que abordaron as posibilidades das entidades municipais para implantar iniciativas coas que dar valor a estes refugallos urbanos.

Nese sentido, a conselleira trasladoulles a oportunidade de facer unha análise das necesidades actuais e de futuro, co fin de artellar una planificación a escala local e identificar as necesidades para atender este servizo.

Ao mesmo tempo, lembroulles que a Consellería habilita incentivos para axudar ás entidades municipais na xestión dos biorresiduos. Concretamente, a convocatoria de 2022, con 13,5 millóns de orzamento de fondos europeos, fixou dúas liñas, unha para a implantación do quinto contedor —o marrón— e a segunda para fomentar a compostaxe individual e comunitaria.

De feito, o Concello de Irixoa solicitou a través da segunda liña unha axuda por importe de algo máis de 6.000 euros que neste momento se atopa en tramitación.

Así mesmo, a conselleira indicoulles que para reforzar a confianza e a seguridade xurídica nas posibilidades que ofrecen as instalacións de compostaxe comunitaria, a Xunta está a impulsar un Decreto polo se desenvolverá o réxime xurídico destas actividades, para impulsar a súa implantación e emprego mediante a difusión das súas características, requirimentos e potencialidades.

A compostaxe comunitaria é aquela xestión dos residuos orgánicos domésticos, producidos nos fogares, restaurantes ou servizos de restauración colectiva, tratados nunha instalación común —creada para o efecto—, coa que se pretende acadar un recurso para empregalo como fertilizante ou substrato de cultivo.

Por último, sinaloulles que este tipo de instalacións serán complementarias ás iniciativas nesta materia que promove Sogama, que leva anos impulsando o programa de compostaxe doméstica. Precisamente, xa entregou, de forma gratuíta, 140 compostadores ao Concello de Vilarmaior e 135 ao Concello de Aranga, e invita á entidade local de Irixoa a unirse a este plan.

Na actualidade, a rede de Sogama está formada por máis de 18.000 composteiros domésticos presentes en 220 concellos, 156 centros educativos e 28 colectivos sociais.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas