Home A Coruña A Xunta apela á responsabilidade e sensibilidade cidadán para evitar o abandono...

A Xunta apela á responsabilidade e sensibilidade cidadán para evitar o abandono de animais de compañía no verán

- Anuncio -

Belén do Campo lembra que ata o 16 de setembro concellos e asociacións poden solicitar as axudas para sufragar actuacións encamiñadas a garantir a súa protección

A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén do Campo, apelou esta mañá á responsabilidade e sensibilidade dos galegos para non abandonar os animais de compañía este verán.

Do Campo visitou esta mañá en Coirós as instalacións de Gatocan, un centro de autorizado e inscrito no Rexistro galego de núcleos zoolóxicos dedicado á recollida, atención e recuperación de animais vagabundos e abandonados.

Sinalou que, aínda que nos últimos anos se observa un lixeiro cambio de tendencia no que respecta ás taxas de abandono, non se pode baixar a garda ata que non se acade o abandono cero.

Así mesmo, indicou que o verán é unha época do ano na que se adoita rexistrar este tipo de malas prácticas, tal e como reflicten os datos que trasladan os centros de recollida sobre os meses estivais.

Nese sentido, Belén do Campo recordou que o abandono –e a non identificación dos animais- está considerado unha sanción grave na Lei de benestar animal, con sancións de ata 5.000 euros. En calquera caso, todas as persoas que deciden comprar, ou adoptar un animal, deben ser conscientes dos coidados e esforzos que precisa un animal de compañía, e que están ante un acto de responsabilidade e duradeiro.

Ademais, lembrou que a Xunta de Galicia convocou, por un importe global de 440.000 euros, dúas ordes de axudas para sufragar diferentes tipos de actuacións encamiñadas a garantir a protección dos animais domésticos abandonados na Comunidade. Trátase da maior contía destinada a este fin, desde a posta en marcha do programa, no ano 2017; polo que invitou aos concellos e ás asociacións inscritas no Regiac a presentar unha solicitude, xa que o prazo está aberto ata o 16 de setembro.

Por último, aproveitou para felicitar aos membros e responsables de Gatocan, o primeiro centro de recollida autorizado xestionado integramente por unha asociación protectora, polo incontable e inmenso traballo que realizan polo benestar dos animais, que é un exemplo de compromiso e responsabilidade para todos. Trasladoulles o apoio e colaboración do Goberno galego, que nos últimos catro anos se concretou en axudas económicas, concedidas ao Concello de Coirós, por un importe de 42.000 euros.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas