Home A Coruña A Xunta apoia ao concello de Vilasantar na creación dun novo parque...

A Xunta apoia ao concello de Vilasantar na creación dun novo parque infantil para reforzar a oferta de lecer do municipio

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a nova área de xogo que permite concentrar varias actividades para os máis pequenos no mesmo entorno xunto coa piscina municipal e a pista polideportiva


― O Goberno galego investiu máis de 22.800 ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público para adecuar o terreo, instalar o chan e instalar varios elementos de xogo neste espazo


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o novo parque infantil situado no entorno da pista multideporte da Fraga, no concello coruñés de Vilasantar. A Xunta destinou a este proxecto máis de 22.800 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, a liña de axudas anual do Goberno galego para a creación e a mellora das instalacións destinadas á prestación de servizos municipais, á que neste exercicio dedica un orzamento de 4 millóns de euros.
Natalia Prieto sinalou que este proxecto permite renovar as infraestruturas municipais para mellorar as condicións de vida da veciñanza. Así, o concello conta cun novo espazo de lecer onde xuntar a cidadáns de distintas idades, o que contribúe ademais a reforzar os servizos do municipio e fixar poboación.
Deste xeito, nun concello rural con núcleos dispersos como Vilasantar, esta iniciativa na que colaboran a Xunta e o municipio, concentrou varias actividades para os máis pequenos nun mesmo entorno que conta coa piscina municipal, unha pista polideportiva e este novo parque infantil.
No marco da colaboración entre a Administración autonómica e a local en actuacións que redunden no benestar da cidadanía, a Xunta apoiou neste caso a construción do novo parque. As obras supuxeron o acondicionamento do terreo para acoller a infraestrutura, a colocación do pavimento acorde coa contorna, a instalación de varios elementos de xogo –tirolina, estrutura de torres con rocodromo, rede de trepa e tobogán, un columpio mixto e dous balancíns-, ademais da súa sinalización.
Nos últimos anos a Xunta leva investidos case 483.000 euros no concello de Vilasantar, tanto na mellora das súas infraestruturas coa pavimentación de rúas ou a creación de áreas de xogos como a da Fraga, como con outras actuacións ambientais financiadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, relacionadas por exemplo coa mellora do alumeado público en distintos núcleos do municipio.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas