Home A Coruña A Xunta apoia con 627.000 euros a contratación de 48 desempregados perceptores...

A Xunta apoia con 627.000 euros a contratación de 48 desempregados perceptores de Risga en 9 concellos da comarca de Ferrol

- Anuncio -

― O obxectivo da iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración

― Os apoios da Consellería de Emprego e Igualdade contan cun orzamento de 2,3 millóns de euros para impulsar o emprego local en 37 concellos da provincia da Coruña

― Cos programas xa resoltos de Socorristas, Aprol rural e Risga os concellos da comarca de Ferrol recibirán máis dun millón de euros para a contratación de 124 desempregados

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o Centro Integrado de Formación Profesional de Ferrol no que se imparten cursos de administración e xestión, enerxía e auga, fabricación mecánica, electricidade e electrónica, informática e comunicacións, instalacións e mantemento e formación e educación.

O representante do Goberno autonómico destacou que no exercicio 2020, que se prolongou ata abril de 2021, executáronse neste centro 18 actividades formativas por importe de máis de 521.000 euros ás que asistiron 216 persoas. Na actualidade o centro está a impartir os cursos de inglés B-1 e de ofimática.
Durante a visita informou que a Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano do programa de contratación de persoas perceptoras de Risga para apoiar aos concellos galegos.

Neste senso, destacou que na comarca de Ferrol beneficiaranse 9 concellos das axudas da Xunta por valor de 627.000 euros para contratar a 48 persoas. Na provincia da Coruña, en global, apoiarase a contratación de 191 persoas perceptoras de Risga en 37 concellos a través dun investimento de 2,3 millóns de euros.
O obxectivo da iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración
A actuación busca impulsar o emprego local e mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado labora galego.
Estas contratacións únense aos apoios xa aprobados pola Xunta destinados aos concellos de Ferrolterra para impulsar a contratación cos programas xa resoltos de Socorristas e de Aprol rural. Con esta nova resolución e grazas a estes tres programas de emprego os concellos da área de Ferrol recibirán máis dun millón de euros para a contratación de 124 desempregados.

Programas creación de emprego
Enmárcanse, ademais, na prioridade da Xunta de crear máis e mellor emprego de calidade na Comunidade e completan outras iniciativas que xa se activaron e que favorecen a contratación nos concellos galegos. É o caso dos obradoiros de emprego, no que se invisten en toda Galicia 30,2M€ para permitir a formación e o acceso ao emprego de 1.500 persoas; as axudas para a contratación de orientadores laborais, ás que se destinan 6,8M€ para a contratación de 280 persoas ou os Programas Integrados de Emprego, cun orzamento de 8,4M€ para apoiar a contratación de 3.300 persoas en concellos e entidades sen ánimo de lucro.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas