— Esta actuación enmárcase dentro das prioridades do Goberno galego de incrementar as oportunidades laborais das galegas e galegos, sobre todo, daqueles que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral e de colaborar cos concellos para que presten máis e mellores servizos aos seus veciños
A Consellería de Promoción do Emprego e igualdade resolveu a orde de axudas dirixidas aos concellos para a contratación durante a campaña de verán de desempregados para labores de vixilancia e seguridade en praias e outros espazos naturais ou en instalacións acuáticas.
Os beneficiarios deste programa foron concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos. A contía que percibirán as entidades beneficiarias irá destinada a sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, cos importes máximos recollidos na convocatoria de axudas. Os traballadores e traballadoras a contratar tiveron que ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
No marco deste programa de socorristas o Goberno autonómico inviste nas comarcas da Coruña, Santiago, Costa da Morte e Barbanza máis de 454.000 euros para apoiar en 34 concellos coruñeses a contratación de máis de 127 desempregados e desempregadas para a vixilancia das praias e espazos fluviais ou piscinas municipais. Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial con contías que irán dos 1.555 euros aos 2.700€ segundo o grupo de cotización das persoas contratadas. Con esta medida a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.
Na comarca da Coruña a Xunta apoiará a contratación a 33 desempregados en 10 concellos por un importe de máis de 117.000 euros, na comarca de Santiago 7 concellos poderán contratar a 9 socorristas cunha axuda de máis de 32.000 euros.
Na área de Bergantiños-Costa da Morte a Xunta apoiará a contratación de 22 persoas desempregadas en 7 concellos cun apoio de máis de 79.000 euros e na comarca do Barbanza o Goberno galego aprobou axudas por un importe de máis de 225.000 euros para contratar 63 socorristas en 10 concellos.
Este programa enmárcase no exercicio das competencias da Xunta de Galicia en materia de formación para o emprego, políticas activas de emprego e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral e forma parte da prioridade do Goberno galego de incrementar as oportunidades laborais das galegas e galegos, sobre todo, daqueles que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral. Ademais, permite afondar na colaboración da Xunta de Galicia cos concellos para que poidan ofrecer mellores servizos aos seus veciños.
COMARCA A CORUÑA
CONCELLOS SOLICITANTES SOCORRISMO | Nº TRAB. | AXUDA CONCEDIDA |
ARTEIXO | 5 | 17.600,00 € |
BERGONDO | 5 | 18.188,60 € |
CURTIS | 2 | 7.600,00 € |
MIÑO | 5 | 17.300,00 € |
OLEIROS | 5 | 17.900,00 € |
PADERNE | 2 | 7.221,72 € |
SADA | 5 | 17.300,00 € |
SOBRADO | 1 | 3.800,00 € |
VILARMAIOR | 2 | 6.800,00 € |
VILASANTAR | 1 | 3.520,00 € |
10 | 33 | 117.230,32 € |