Home A Coruña A Xunta asina un convenio co concello de Boimorto para a atención...

A Xunta asina un convenio co concello de Boimorto para a atención de persoas maiores

- Anuncio -

O Executivo autonómico destina 80.000 euros a este programa que permitirá a posta en marcha de actividades de atención integral á dependencia e promoción da autonomía

A Xunta asinou un convenio de colaboración co Concello de Boimorto para a posta en marcha dun programa de atención a persoas maiores. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe esta localidade para presentar as actividades que se realizarán no marco desta iniciativa.

O Goberno galego destinará 80.000 euros para o seu funcionamento que permitirá a posta en marcha de actividades de atención e prevención da dependencia, así como de promoción da autonomía persoal. O director xeral sinalou a importancia de levar a todos os concellos galegos iniciativas que lles permitan ás persoas maiores vivir nos seus lugares de sempre ao tempo que están ben atendidos.

Antón Acevedo lembrou que a Xunta impulsa ademais outros servizos de proximidade que perseguen este mesmo obxectivo como as casas do maior, pequenos centros en lugares pouco poboados; o Xantar na casa, mediante o que se levan menús sans e equilibrados aos fogares das persoas maiores; ou o Servizo de Axuda no Fogar, co que se presta atención profesional aos maiores nos seus propios domicilios.

Relacionadas

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das...

0
Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu...

Saída de vía con dous vehículos involucrados na AG-11, en Boiro

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon esta tarde unha saída de vía na AG-11 en sentido Padrón, á altura do quilómetro 23. Dous...

A Banda Municipal de Música da Coruña bateu o seu récord de espectadores e...

0
A formación municipal programou o ano pasado un total de 47 espectáculos, cunha asistencia total de 45.500 espectadores A Banda Municipal de Música da Coruña...

Miño amplía o servizo de Xantar na Casa de 10 a 15 persoas beneficiadas

0
O renovado convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asegura a continuidade do programa ata 2028. O Concello de Miño...

Publicacións Relacionadas