Home A Coruña A Xunta avanza na creación de solo industrial no concello de Coristanco

A Xunta avanza na creación de solo industrial no concello de Coristanco

- Anuncio -

A Xunta avanza na creación de solo industrial no Concello de Coristanco, segundo lle trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao alcalde deste municipio coruñés, Juan Carlos García, nunha reunión que mantiveron recentemente.

A conselleira lembroulle ao alcalde que o pasado mes de xullo o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) adxudicou a redacción do proxecto de interese autonómico (PIA) por máis de 70.000 euros e un prazo de execución de 9 meses.

O parque empresarial de Coristanco está incluído no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, cunha superficie total de 175.000 metros cadrados, que se desenvolverán en diversas fases, a primeira delas, cunha superficie de ao redor de 50.000 metros cadrados.

Durante a xuntanza, tamén avaliaron o proxecto de humanización das contornas e Agualada e da praza de San Roque. A proposta presentada polo Concello incide na unificación de espazos e na mellora na implantación do medio, resolvendo ou mellorando as deficiencias urbanísticas existentes.

A conselleira trasladoulle ao rexedor a posibilidade de enmarcar este proxecto no plan Hurbe, un programa que este ano conta cun orzamento reservado de 7 millóns de euros e que o Goberno galego promove desde hai máis dunha década para axudar ás administracións locais a executar este tipo de proxectos.

A maiores, no encontro tamén abordaron o proxecto para dotar o concello dun punto limpo fixo e a necesidade de que concorra á próxima convocatoria de axudas prevista para este outono.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas