Home Eume A Capela A Xunta avanza que investirá 1,1 M€ na ampliación da supreficie pública...

A Xunta avanza que investirá 1,1 M€ na ampliación da supreficie pública do Parque Natural Fragas do Eume

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego xa ten localizadas preto de 800 parcelas, cuxa compra se negociará cos respectivos propietarios para, unha vez mercados, realizar actuacións de conservación e restauración

— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Plan de uso e xestión deste espazo natural, cuxo proceso de elaboración foi “moi consensuado e participado

— A día de hoxe, é unha das mostras máis importantes dos bosques sublitorais galegos e un dos poucos bosques atlánticos ben conservados de Europa

A Xunta de Galicia destinará 1,1 M€ de fondos Next Generation para ampliar a superficie pública do Parque Natural Fragas do Eume, segundo avanzou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita que realizou a este espazo natural, coincidindo coa celebración do Día internacional dos bosques.

Máis polo miúdo, a conselleira explicou que a Xunta xa ten localizadas preto de 800 parcelas, cuxa compra se negociará cos respectivos propietarios para, unha vez mercados, realizar actuacións de conservación e restauración “de zonas de máximo interese desde o punto de vista ecolóxico” eliminando e retirando especies invasoras e mellorando a continuidade das masas de frondosas autóctonas.

A Xunta considera de vital importancia a realización de actuacións que persigan tanto incrementar a superficie pública de bosques e a súa recuperación como asegurar a conservación da natureza a través do mantemento dos procesos ecolóxicos, a preservación da biodiversidade dos ecosistemas e a aplicación de medidas que garantan a singularidade da paisaxe e a restauración de recursos naturais degradados.

Estas medidas supoñen, segundo dixo Ángeles Vázquez, a conformación do compromiso do Goberno galego de “facer compatible” a protección e preservación dos valores, hábitats e principais especies de flora e fauna que alberga este territorio cunha actividade económica sostible.

Publicación do PRUX no Diario Oficial de Galicia
Logo de subliñar que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Plan de uso e xestión deste parque natural, Ángeles Vázquez subliñou que o 80 % dos terreos do parque son de titularidade privada, polo que durante o proceso de elaboración e de consultas do PRUX tamén se tivo moi en conta a opinión e o papel dos propietarios particulares.

De feito, a conselleira puxo en valor que o proceso de elaboración dese documento foi “moi participado” xa que se realizaron reunións cos alcaldes dos 5 concellos do parque – Cabanas, Pontedeume, A Capela, Monfero e As Pontes de García Rodríguez e con representantes de asociacións de propietarios, ecoloxistas, comunidades de montes, entidades veciñais e colectivos ambientais, produtores agrogandeiros, titulares de empresas de lecer e turismo activo, clubs de escalada e montañismo, entre outros.

O PRUX de Fragas do Eume actualiza a zonificación recollida no anterior Plan de ordenación dos recursos naturais para, por un lado, harmonizala coa do resto de parques e por outro, axustar os límites de cada área para compatibilizar a conservación do patrimonio natural e da paisaxe cos usos que se desenvolven nel.

En base á nova zonificación e aos usos e aproveitamentos previstos, o plan desenvólvese ao redor de catro programas: conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural; fomento e promoción da investigación, seguimento e avaliación do territorio; xestión do uso público para que os visitantes coñezan e gocen dos seus valores; e mellora e mantemento das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes.

O Parque Natural Fragas do Eume atópase nunha zona de marcada influencia oceánica entre o medio litoral do esteiro do Eume e as montañas nas que nace o devandito río. Estas características explican por que é, a día de hoxe, unha das mostras máis importantes dos bosques sublitorais galegos e un dos poucos bosques atlánticos ben conservados de Europa.

Relacionadas

Homenaxe en San Sadurniño á subcampioa de europa de surf SUB-10, Candela Pérez Dopico

0
Hoxe, xusto antes do empezo do partido de volei da SM2, rendéuselle á surfista Candela Pérez Dopico a homenaxe que tiñamos pendente desde decembro,...

Rescatada na súa vivenda unha persoa de avanzada idade na Pobra do Caramiñal

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira participaron esta tarde na asistencia e rescate dunha persoa de avanzada idade no seu fogar na Pobra...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

Dúas persoas feridas tras un accidente de tráfico na Avenida de Ferrol, no concello...

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron na madrugada deste sábado a un accidente de tráfico entre un coche e unha moto na...

O Concello organiza visitas guiadas á exposición ‘O  legado de José Ramón’, en María...

0
Estarán dirixidas pola comisaria e filla do artista, Ana Iglesias, e incluirán  unha visita ao Salón de Sesións  O Concello organiza durante estes meses de...

En marcha os traballos de mellora previstos na estrada dos Fortes, onde se reforzarán...

0
Sobreelevaranse os pasos peonís ao longo da vía, crearase unha pequena zona de lecer nas inmediacións do pavillón de Cocheiras e tamén se aumentarán...

Publicacións Relacionadas