O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Recinto Feiral onde indicou que reanudar as oposicións é unha boa noticia tamén para os concellos xa os que aproben xa farán as prácticas este mesmo verán nos seus respectivos concellos
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Recinto Feiral de Silleda no que se levou a cabo o primeiro proceso selectivo deste ano, ao que estaban convocadas 935 persoas, para as probas de acceso ao corpo de policía local de 35 concellos galegos.
Alfonso Rueda indicou que “reanudar as oposicións é unha boa noticia para todos os que queren acceder a un emprego estable e por ende tamén para os concellos xa que así poderán contar con mais axentes xa este mesmo verán, xa que os que aproben xa farán as prácticas nos seus respectivos concellos”. Así, unha vez rematadas todas as probas da oposición, no mes de maio dará comezo a 13 promoción de policía local, de novo despois da promoción anterior, a mais numerosa da AGASP e que se desenvolverá de xeito presencial na Academia.
Ás probas están convocadas 935 persoas para 94 prazas do corpo da policía local de 35 concellos galegos, concretamente son os concellos de A Estrada, A Pobra do Caramiñal, A Illa de Arousa, Arzúa, As Neves, Barbadás, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Carballiño, Carballo, Carral, Cedeira, Fene, Fisterra, Foz, Lugo, Melide, Miño, Narón, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, Oleiros, Ortigueira, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Soutomaior, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.
A celebración dos exames no Recinto Feiral de Silleda conta cun protocolo específico avalado polas autoridades sanitarias que autorizaron a celebración dos exames, e que garante a realización das probas coa máxima seguridade de todo o persoal, cunha separación entre os alumnos de 3 m. en sentido lonxitudinal e 5 m. en sentido transversal e con todas as garantías sanitarias.
Esta colaboración cos concellos galegos deu comezo en marzo do ano 2017 coa sinatura do protocolo de colaboración coa Fegamp para a realización das probas selectivas da Policía Local de Galicia. Este foi un paso máis dentro da aposta da Xunta pola colaboración entre administracións e a suma de esforzos para ser máis eficientes e garantir o mantemento da calidade na prestación de servizos públicos aos galegos. O obxectivo fundamental é favorecer a calidade dos procesos selectivos, asegurar cobertura de prazas e acadar unha policía local cada vez máis especializada. Ata o de agora 84 concellos dos 129 que contan con corpo de Policía Local, xa delegaron na Xunta a selección dos seus policías