Home A Coruña A Xunta colabora coa autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao no acondicionamento da...

A Xunta colabora coa autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao no acondicionamento da fachada marítima da cidade ferrolá

- Anuncio -
  • O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentaron as actuacións para abrir a cidade ferrolá ao mar comunicando o centro urbano co porto nun acto no que se asinou o convenio de colaboración entre o Goberno galego e a Autoridade Portuaria para levar a cabo os traballos de acondicionamento
  • A Autoridade Portuaria xa está a redactar o proxecto ao que o a Xunta achegará máis de 3M€ e que permitirá recuperar a contorna marítima e portuaria mediante o fomento do acceso peonil e ciclista e a posta en marcha de 140 novas prazas en 2 aparcamentos que disuadan do acceso en vehículo particular ao núcleo urbano
  • Diego Calvo incidiu en que as obras se aliñan coa aposta da Administración autonómica por unha mobilidade sostible nas zonas urbanas ao mesmo tempo que se garante a seguridade viaria

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presentou hoxe xunto á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, as actuacións que se levarán a cabo na fachada marítima de Ferrol co obxectivo de fomentar unha mobilidade sostible abrindo a cidade ao mar a través das melloras da conexión entre o porto e o centro urbano, en concreto entre Curuxeiras e A Malata.

No acto, no que estiveron presentes o presidente da entidade, Francisco Barea e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asinouse o convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Autoridade Portuaria para levar a cabo as tarefas de acondicionamento.

Os traballos de rexeneración suporán un investimento de 4,6 millóns de euros no marco deste acordo. A Xunta achegará 3,1 millóns de euros a través dos fondos de Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia do proxecto de rexeneración da fronte litoral que a entidade portuaria xa está a redactar. Por iso, Diego Calvo puxo en valor a colaboración co porto ferrolá para botar a andar esta iniciativa.

A colaboración permitirá mellorar a mobilidade e recuperar a contorna marítima e portuaria de Ferrol, o que repercutirá nunha maior de calidade de vida da cidadanía. Deste xeito, fomentarase o acceso peonil e ciclista e habilitaranse novas prazas de aparcamento que disuadan do acceso en vehículo particular ao núcleo urbano.

Tal e como explicou o vicepresidente segundo, o proxecto busca acadar estes obxectivos mediante tres intervencións clave. Por unha banda, a integración urbana e a mellora do tránsito peonil e ciclista na Estrada Baixa do Porto, cunha vía de 750 metros desde a enseada da Malata no porto interior ata o centro urbano, na avenida da Mariña. Converterase nun dos principais itinerarios ciclistas da cidade unindo infraestruturas existentes na Malata e no centro urbano, agora inconexas como o estadio de fútbol da, o recinto feiral de Ferrol (FIMO) ou o pavillón e a pista de atletismo, entre outros. Polo tanto, mellorarase o tránsito peonil e ciclista con esta e vía ciclista e cunha zona para peóns no lado este.

Esta actuación terá continuidade cos traballos previstos na contorna da dársena de Curuxeiras coa construción dun carril-bici direccional que enlaza co do paseo da Malata e un itinerario peonil polo leste para acceder a esta zona da dársena transformada en áreas náutico-recreativas onde a veciñanza pode desfrutar do contacto directo co mar.

Por último, o acordo entre a Xunta e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao prevé a construción de dous aparcamentos disuasorios de 140 prazas cos que -segundo indicou Diego Calvo- facilitarán espazos en puntos de fácil acceso desde a rede viaria de alta capacidade, e próximos ao núcleo urbano de modo que se poida chegar a pé, en bicicleta ou en transporte público.

O vicepresidente segundo da Xunta incidiu en que o acondicionamento da fachada marítima de Ferrol se enmarca na aposta do Goberno galego por acadar unha mobilidade sustentable e menos contaminante nas cidades e áreas urbanas ao mesmo tempo que se garante a seguridade viaria de peóns, ciclistas e vehículos.

O proxecto presentado hoxe amosa ademais o compromiso da Xunta coa comarca ferrolá ao abeiro do Pacto de Estado por Ferrol que, por parte da Xunta, conta con outras actuacións como a ampliación do novo hospital, melloras nas infraestruturas viarias para mellorar as conexións entre os concellos da zona ou a posta en marcha do novo albergue de peregrinos na Casa do Mar. Nesta liña, Diego Calvo sinalou a necesidade de que o Goberno central se pronuncie sobre a súa adhesión ao Pacto por Ferrol e sitúe entre as súas accións prioritarias as áreas que son da súa competencia como a construción naval ou en materia ferroviaria.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas