Home A Coruña A Xunta colabora con Sobrado e Vilasantar na pavimentación dun camiño municipal...

A Xunta colabora con Sobrado e Vilasantar na pavimentación dun camiño municipal que conecta ambos concellos

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, as melloras levadas a cabo o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

— A Xunta xa publicou a convocatoria desta liña de axudas para este ano, que contará cun investimento de 3,5M€

— A través desta orde, o Goberno galego investiu 227.000 euros en 7 proxectos da comarca coruñesa en 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron hoxe a zona na que se levaron a cabo as obras de pavimentación nos concellos de Sobrado e Vilasantar ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público da Xunta destinada aos concellos.

O Goberno galego destinou 50.000 euros para a pavimentación do vial que conecta os lugares de Sixto e Cotarón de Sobrado co concello de Vilasantar, permitindo a conexión entre as áreas urbanas de ambos municipios e tamén entre os núcleos rurais de Porta e Folgoso, en Sobrado, e as parroquias de Vilariño e Présaras, en Vilasantar.

Trátase dunha obra para que os dous concellos solicitaron de forma conxunta colaboración da Xunta mediante a Orde de Infraestruturas de uso público, ao igual que optaron tamén en 2020 en conxunto e incluíndo a Curtis a un proxecto medioambiental destinado á creación dun equipo para a protección do espazo natural e á adquisición de composteiros, que a Xunta apoiou con máis de 30.700 euros no marco do Fondo de Compensación Ambiental.

Nesta liña, a directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para executar iniciativas que redunden no benestar da cidadanía pero apelou tamén a cooperación entre as propias entidades locais con propostas conxuntas para evitar duplicidades e ser máis eficientes aforrando custos.

Natalia Prieto destacou o compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños e, sobre todo, a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria da covid-19 dos municipios. No caso do concello de Sobrado o investimento do Goberno galego nos últimos anos en actuacións en infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais e en melloras ambientais supera os 952.300 euros, mentres que en Vilasantar foi de máis de 497.800 euros.

Tamén lembrou que a convocatoria da Orde de Infraestruturas de uso público permitiu financiar 7 proxectos na comarca da Coruña que contaron cunha axuda da Xunta de máis de 227.000 euros nos concellos de Sobrado, Vilasantar, Oza Cesuras, Curtis, Sada, Betanzos, Bergondo e Coirós. No conxunto de Galicia, a Xunta mobilizou máis de 40 millóns de euros nos últimos anos para financiar 1.372 proxectos dos concellos galegos, 125 deles na convocatoria do ano pasado.

Nova convocatoria
Na visita, Natalia Prieto lembrou que xa se publicou a semana pasada a nova convocatoria para este ano da Orde de Infraestruturas de uso público destinada aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes para mellorar as infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, de forma individual ou compartida, e na que a Xunta investirá este ano 3,5 millóns de euros.

Entre as actuacións subvencionables inclúense obras de instalación, ampliación e mellora das redes de alumeado público; a pavimentación de camiños públicos municipais como o visitado hoxe que une Sobrado e Vilasantar; así como a construción, mellora e ampliación de parques infantís, dependencias municipais ou instalacións deportivas de uso público.

PROXECTOS APROBADOS NA ORDE DE INFRAESTRUTURAS COMARCA DA CORUÑA

ENTIDADE
SOLICITANTE
OUTROS CONCELLOS
(SOLICITUDES CONXUNTAS)
PROXECTOAXUDA
Oza-CesurasIluminación pública – lugares de Oza, Parada e Vilar de Costoia33.376,14
VilasantarSobradoPavimentación camiño municipal nos concellos de Sobrado e Vilasantar50.000,00
CurtisMellora das instalacións municipais “casa consistorial”27.936,53
SadaMellora: instalación elementos pista deportiva de Mondego16.086,22
BergondoMelloras nos parques infantís na Fragachán e Guísamo40.000,00
CoirósMellora rede de iluminación pública en Armea (Coirós)35.000,00
BetanzosMellora da pavimentación e seguridade de camiño en Talai24.921,56
TOTAL227.320,45€

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas