A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega esta mañá deste vehículo solicitado, de maneira conxunta por ambos concellos, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega esta mañá dunha furgoneta solicitada de maneira conxunta polos concellos de Negreira e A Baña, que contou cunha axuda duns 25.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, onde destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para que poidan prestar servizos de calidade á cidadanía.
Segundo indicou Natalia Prieto, tal e como reflicte a solicitude feita por ambas entidades, esta adquisición mellorará a eficacia e eficiencia no que respecta aos servizos que comparten ambos concellos, como son a iluminación pública e o lixo. Ademais este uso compartido suporá una aforro, xa que tanto o custe de inversión como o mantemento soportado entre ambos concellos, o cal supón un gran exemplo do bo uso da xestion compartida entre concellos. Este vehículo financiado co apoio do Goberno galego é máis eficiente e menos contaminante, o que supón unha mellora de eficiencia enerxética e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Esta actuación é un dos obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental, ao que a Xunta destina 11 millóns de euros na convocatoria deste ano. No marco deste fondo, o Goberno galego financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.
A Xunta leva investidos nos últimos anos no concello preto de 1,5M euros no concello de Negreira e preto de 767.000 euros no concello de A Baña a través das diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia.