Home A Coruña A Xunta colaborará con concellos de Ames, As Pontes, Cee e Coirós...

A Xunta colaborará con concellos de Ames, As Pontes, Cee e Coirós nun proxecto pioneiro para mellorar e actualizar as súas bases cartográficas

- Anuncio -

― A través da realización de voos especializados de aquí a finais de 2022 elaboraranse as bases topográficas destes catro municipios a tres escales diferentes

― Cun investimento total de preto de 285.000 €, a licitación conxunta destes traballos traducirase nun aforro de entre un 30% e un 40% para cada un dos concellos

― Estes traballos complementan as ortofotos obtidas grazas ao proxecto PNOA-10, no que xa participaron un total de 14 entidades locais desde 2018

A Xunta de Galicia colaborará cos municipios coruñeses de Ames, As Pontes, Cee e Coirós no desenvolvemento do Programa de apoio cartográfico a concellos (PACC), un proxecto pioneiro que se enmarca na liña de colaboración aberta entre o Instituto de Estudos do Territorio (IET) e a Administración local para mellorar a elaboración e a xestión da información territorial e cartográfica existente, cada vez máis demandada a nivel municipal.

Para fixar os termos da súa colaboración, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou esta semana un convenio co presidente da Fegamp, Alberto Varela, cos rexedores de Ames, Blas García, das Pontes, Valentín González Formoso, de Cee, Margarita Lamela, e co tenente alcalde de Coirós, Carlos García.

O obxectivo principal do programa é acadar a realización de bases topográficas nestes municipios a tres escalas diferentes: 1/5.000, 1/2.000 e 1/1.000. Cómpre ter en conta que a cartografía existente está desactualizada ou non ten a definición e escala suficientes como para poder obter unha imaxe real dos seus territorios en canto ás edificacións, estradas, rede hidrográfica ou equipamentos e dotacións.

Así, os traballos obxecto do convenio permitirán elaborar unha base a escala 1/5.000 para todo o termo municipal, mentres que as zonas a cartografar a escala 1/2.000 e 1/1.000 —principalmente, os núcleos de poboación— serán definidas e propostas polas propias administracións locais. Deste xeito, obterase información cartográfica a 1/1.000 de 900 hectáreas; a 1/2.000 de máis de 2.500 ha; e a 1/5.000 ha das restantes 38.690 ha, para un total de 42.000 ha que suman estes catro concellos.

Para isto, o IET asumirá toda a parte técnica, encargándose do control de calidade e da contratación e execución dos voos necesarios para obter as bases topográficas destes concellos, que se poderán levar a cabo ata o 31 de decembro de 2022.

Grazas ao novo Programa de apoio cartográfico a concellos, ademais, actualizarase a cartografía que viñan empregando as administracións locais, realizada case sempre en formatos CAD e que non permite o seu emprego en Sistemas de información xeográfica (SIX). Deste xeito, a nova cartografía será compatible coa esixida nas Normas técnicas de planeamento e seguirá as especificacións de produto da Base Topográfica Urbana de Galicia e da Base Topográfica de Galicia, estando orientado o seu uso mediante SIX.

Cun investimento total de preto de 285.000 euros, cómpre subliñar que a licitación conxunta destes traballos, que teñen custos asociados significativos como os dos avións necesarios para realizar os voos, traducirase nun aforro de entre un 30% e un 40% para cada un dos concellos asinantes. De feito, as bases topográficas son caras de producir polo que a fórmula da contratación conxunta permite reducir gastos ao tempo que mellora a calidade dos traballos contratados.

Cómpre destacar tamén que esta información poderá ser distribuída libremente a toda a cidadanía, ben desde a páxina de cada un dos concellos, como desde a infraestrutura de datos espaciais de Galicia, unha dispoñibilidade moi importante tendo en conta que a demanda de produtos cartográficos e afíns, a través do uso de novas tecnoloxías da información, está aumentando de forma exponencial e por parte de múltiples sectores.

Continuación do proxecto PNOA-10
Os traballos previstos no marco do programa complementarán e daranlle continuidade ao chamado proxecto PNOA-10, que arrancou en Galicia en 2018 coa realización dos primeiros voos para a obtención de ortofotografías aéreas de alta resolución xeorreferenciadas en diferentes concellos. Tras esa primeira experiencia, na que participaron Cambre, Carballo, Lugo, Oleiros, Sanxenxo e Pontevedra, o IET volveu realizar este tipo de voos en 2019 nos municipios de Ames, Betanzos, Fene e Teo, e este ano repetirá a fórmula, neste caso, sobrevoando Arteixo, A Coruña, Narón e Poio.

O investimento total mobilizado ata o momento no PNOA-10, un programa polo que Galicia foi unha das primeiras comunidades españolas en apostar, ascende a preto de 760.000 euros e a intención é seguir estendendo este tipo de voos ao maior número de municipios posible pola vía da subscrición de novos convenios.

Os produtos resultantes do proxecto PNOA-10 e do PACC resultan moi útiles a nivel municipal tendo en conta as súas múltiples aplicacións, motivo polo que o obxectivo da Xunta, co apoio da Fegamp, é darlles a máxima difusión en aras de que a medio prazo a maioría dos concellos conten cunha cartografía actualizada e detallada do seu territorio.

Neste sentido, os datos xeoespaciais serven de base para desenvolver os plans municipais e tamén resultan de gran utilidade para axilizar a xestión diaria dos concellos en cuestións tales como o mantemento e actualización continua das infraestruturas de datos espaciais propias, a modelaxe de vivendas, a realización de plans de emerxencias ou o estudo e deseño de redes de saneamento e abastecemento, entre outros.

Así mesmo, tamén permitirá aos distintos tipos de usuarios (administracións, empresas e cidadáns) poñer en valor a información obtida para o desenvolvemento de aplicacións de diferente natureza que poden ser utilizadas en cada concello.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas