Home A Coruña A Xunta convocará por concurso de méritos a cobertura de dous médicos...

A Xunta convocará por concurso de méritos a cobertura de dous médicos de familia e dous pediatras nos concellos de Noia, Muros e Mazaricos

- Anuncio -

― O delegado territorial e a e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza informaron que estas catro prazas se incluirán na convocatoria mediante concurso de méritos que se aprobará nos vindeiros días

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, mantiveron hoxe unha reunión co alcalde de Noia, Santiago Freire, e coa alcalde de Muros María Inés Monteagudo para avanzarlles que o goberno galego incluirá unha praza de médico de familia e outra de pediatra no centro de saúde de Noia e unha praza de médico de familia en Muros na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que se aprobará nos vindeiros días. Ademais, nesta comarca tamén se estabilizarán con esta convocatoria outra praza de pediatra en Mazaricos.

Esta convocatoria de máis de 400 prazas, avanzada este mes polo Presidente da Xunta Alfonso Rueda, realizarase ao abeiro da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro polo Parlamento de Galicia e que permite a convocatoria mediante concurso de méritos (é dicir, sen oposición) de prazas en propiedade en categorías como facultativo especialista de atención primaria, pediatría de atención primaria, as especialidades médicas nos hospitais comarcais ou as prazas sanitarias vinculadas ao Plan de Saúde Mental de Galicia.

Dita lei ampliou a experiencia exitosa do primeiro concurso de méritos convocado pola Xunta de Galicia en 2022, que logrou que máis dun cento de especialistas en medicina de familia tomasen posesión dunha praza fixa en centros de saúde que levaban tempo sen médico estable. Deles, 16 incorporáronse en centros da área de Santiago e Barbanza.

Iniciativa da Xunta ante a falta de reformas no eido estatal
A necesidade de dotarse de máis recursos humanos e cubrir prazas vacantes en zonas de difícil cobertura da comunidade motivou que a Xunta de Galicia impulsara esta medida lexislativa, que incentiva a provisión destas prazas ao ofrecer a maior estabilidade (praza fixa en propiedade) co sistema de acceso máis sinxelo.

Ademais, os residentes MIR destas especialidades que terminen a especialidade en maio poderán optar a estas prazas e ser persoal fixo neste mesmo ano, ao permitírselles inscribirse con carácter previo e acreditar o título da especialidade unha vez a rematen. A Xunta prevé resolver o concurso á volta do verán e as condicións para os adxudicatarios serán a de permanecer en activo nelas durante un mínimo de 2 anos.

Esta necesidade de incentivar as prazas de difícil cobertura fora xa obxecto dun acordo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde aprobado por unanimidade en abril de 2018 no que se establecía a necesidade de reformar a lexislación do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde a tal efecto, un acordo que permanece incumprido desde entón.

Do mesmo xeito, o impulso do sistema de concurso para a selección de persoal sanitario especialista é unha recomendación incluída no ditame da Comisión para a reconstrución social e económica creada no Congreso dos Deputados, que continúa sen cumprirse por parte do Goberno de España dous anos despois da aprobación dese ditame.

Deste xeito, a Xunta aborda con medidas innovadoras o déficit de médicos e profesionais sanitarios, unha situación que afecta a todas as comunidades autónomas nestes intres mentres continúa o incumprimento dos compromisos de reforma da lexislación estatal.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicrequesA isto...

Arranca `Nadal en Galicia’ cunha ampla axenda de eventos para potenciar o valor turístico...

0
Turismo de Galicia convida a participar en propostas como beléns, mercados e espectáculos que se celebran nas catro provincias Beléns para visitar, mercados para comprar...

Incendio nun transformador eléctrico no soto do concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

Compostela Cultura presenta nova temporada escénica con 33 espectáculos de teatro, danza e circo

0
A programación para o primeiro semestre de 2025 presenta tres focos temáticos que dirixen a atención cara á compañía Teatro do Noroeste, cara ao...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do...

0
O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha...

Publicacións Relacionadas