Home A Coruña A Xunta de Galicia achega 300.000 euros ao concello de Tordoia para...

A Xunta de Galicia achega 300.000 euros ao concello de Tordoia para acondicionar o seu novo Centro Social

- Anuncio -

— As actuacións están destinadas a rematar a execución da fachada e a cuberta do inmoble destinado ao uso dos veciños do municipio

— Fabiola García recordou que o ano pasado o Goberno galego destinou máis de 60.000 euros para a ampliación do Punto de Atención á Infancia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, visitou as obras do futuro centro social municipal. A Xunta de Galicia destina 300.000 euros para o acondicionamento da fachada e a cuberta deste inmoble.

A Consellería de Política Social e Igualdade e a o Concello asinaron este convenio de colaboración para finalizar as obras do centro social municipal que estaban paralizadas. Así, está previsto que durante o 2025 este recurso destinado ao lecer da veciñanza xa entre en funcionamento.

O novo centro social de Tordoia será unha instalación multidisciplinar que permitirá ao Concello albergar multitude de actividades e programas tanto para as persoas maiores do municipio coruñés como para todos os veciños.

Ademais, durante a visita, Fabiola García recordou o compromiso que a Xunta de Galicia ten co Concello á hora de continuar mellorando os servizos sociais. Así mesmo, lembrou que o Executivo galego concedeu o ano pasado máis de 60.000 euros para a ampliación do seu Punto de Atención á Infancia. Deste xeito, este servizo poderá contar cunha decena de prazas novas de atención á infancia ata acadar as 30, que estarán en funcionamento o vindeiro curso.

Relacionadas

Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo de Augas de Galicia por reducir a...

0
O orzamento para o vindeiro ano do organismo de conca autonómico inclúe un ambicioso programa de acción que permite abordar os retos actuais e...

A xestión galega do Camiño de Santiago, referente nun Congreso Internacional no marco do...

0
Turismo de Galicia participa en Barcelos neste encontro na procura de sinerxías na Eurorrexión para afrontar os retos turísticos do futuro e o Xacobeo...

Carral repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio de Nadal

0
• A iniciativa estará en marcha entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2025 baixo o lema ‘Volve a Carral...

Aberto o prazo de inscrición nos talleres e percorridos guiados no Castelo de San...

0
As actividades, que forman parte da programación de Nadal, celebraranse os sábados e domingos do período festivo O Concello da Coruña abriu este mércores o...

O BNG reitera a solicitude de apertura do apeadoiro de Boedo despois de que...

0
O Deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, trasladou novamente a solicitude ao Goberno español. Trala primeira pregunta do BNG no Congreso, o Goberno de España...

Cariño celebrará este domingo unha dobre sesión de cinema dentro da súa programación especial...

0
• Haberá unha sesión destinada ao público infantil e outra para o público adulto. • Ambas as sesións celebraranse na Casa da Cultura e terán...

Publicacións Relacionadas