Home A Coruña A Xunta de Galicia incrementa o importe nos Orzamentos 2023 para o...

A Xunta de Galicia incrementa o importe nos Orzamentos 2023 para o Concello de Arzúa nun 16,35%, chegando a 1.45 millóns de euros

- Anuncio -

• O Partido Popular de Arzúa responde ao descoñecemento do BNG de Arzúa sobre os orzamentos da Xunta para o concello.

Dende o Partido Popular de Arzúa comunicamos que o orzamento da Xunta de Galicia para Arzúa acada en 2023 os 1.45 millóns de euros, destinado gastos promovidos por entidades como Presidencia, Vicepresidencia, Vicepresidencia 1ª, Amtega, ou as consellerías correspondentes ás áreas de turismo, medio rural, medio ambiente, territorio, vivenda, facenda, xustiza e educación.

Segundo Rafael Rivadulla, voceiro do grupo municipal popular, “o incremento con respecto ao 2022 supón un 16.35% para Arzúa, é dicir, case o dobre que o do total da comunidade, dun 8.5%, algo que deben valorar no BNG”.

Respondemos así á recente información do BNG na que, sorprendentemente descargan da responsabilidade institucional e de competencias do equipo de goberno bipartito AxA-PSdG para executar certas actuacións e solicita que sexan asumidas pola Xunta de Galicia.

Para Rivadulla, “o primeiro interesado en solicitar orzamentos á Xunta debería ser o goberno local, pero se este non pide, malamente a Xunta vai actuar directamente en cuestións de competencia municipal”.
Dende o noso grupo municipal xa temos solicitado actuacións nas mesmas áreas que demanda o BNG de Arzúa, pero entendemos que é o alcalde e o seu equipo os primeiros que deben analizar as necesidades, xustificalas e, posteriormente, solicitar financiación segundo o tipo de actuación, da Xunta, Deputación, ou outras administracións superiores. Algo que, lamentablemente, o goberno municipal non está a facer coa intensidade que debería.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas