HomeA CoruñaA Xunta de Goberno Local aproba a concesión de axudas a entidades...

A Xunta de Goberno Local aproba a concesión de axudas a entidades por 18.942 euros para a organización de actividades destinadas á poboación escolar

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns 15 de decembro a concesión de axudas a entidades, por importe de 18.942 euros, para a organización de actividades dirixidas á poboación escolar.
Por unha banda deuse conta da resolución correspondente á convocatoria de subvencións destinadas á promoción e o fomento do deporte escolar, que se reparten do seguinte xeito:

  • Agrupación deportiva escolar CEIP Fogar: 7.252 euros
  • ANPA A Braña do CEIP Canosa-Rus, para a actividade de multideporte O corpo en harmonía: 420 euros
  • ANPA A Carballeira, do CRA Ponte da Pedra, para iniciación ao atletismo: 616 euros.
  • ANPA Raiante do CEIP Gándara-Sofán, para actividades deportivas extraordinarias: 2.058 euros
  • ANPA San Martiño do CEIP Nétoma-Razo para o proxecto “Impúlsate no deporte”: 1.596 euros
    Foi rexeitada a solicitude presentada pola ANPA A Fonte da Cristina por “non contestar o requirimento de emenda da solicitude do 14/11/2025”, segundo consta textualmente na resolución.
    Aos 11.942 euros desta convocatoria súmanse os 7.000 concedidos á Asociación Ambiental Senda Nova, que permitirán financiar case o 82% do orzamento da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo, destinada a nenos e nenas de terceiro a sexto cursos de primaria e que se desenvolve de xeito paralelo ao curso escolar. A subvención nominativa foi aprobada fóra da orde do día.

Publicacións Relacionadas