Home A Coruña A Xunta de Goberno Local aprobou na última sesión do ano a...

A Xunta de Goberno Local aprobou na última sesión do ano a concesión de axudas a familias e entidades por un importe próximo aos 150.000 euros

0
3
Vista general de la fachada principal del ayuntamiento de Carballo aec

A Xunta de Goberno Local aprobou na última sesión do 2025, celebrada hoxe, a concesión de axudas económicas a familias e entidades por un importe total de 148.384,23 euros.

A parte máis elevada corresponde ás subvencións a entidades de carácter social, cun total de 65.000 euros que se reparten do seguinte xeito:

• Asociación antidroga Vieiro: 5.967,88 euros para o programa Quéreme ben.
• Cruz Vermella: 4.500 euros para o Espazo de busca activa de emprego.
• Cáritas Interparroquial de Bergantiños: 4.973,23 euros para o servizo de atención primaria.
• Alcer: 2.250 euros para o programa de promoción da doazón de órganos e o fomento da saúde renal.
• Fundación Amigos de Galicia: 3.647,04 euros para o plan de cobertura de necesidades básicas das persoas en situación de carencia de recursos económicos con residencia no concello de Carballo.
• Asociación Íntegro: 4.272,87 euros para o programa Rompendo barreiras: promovendo a inclusión social en Carballo.
• Centro Social San Xoán Bautista: 4.310,14 euros para o programa de formación laboral e apoio e reforzo educativo para a inclusión social, laboral e escolar de menos, adolescentes, mocidade e adultos de colectivos en situación ou risco de exclusión social.
• APEM: 4.807,46 euros para o proxecto Saúde mental en movemento.
• Proxecto Home Galicia: 3.000 euros para o programa educativo.
• Afaber: 6.465,2 euros para o mantemento da asociación.
• Asociación Española de Lucha contra el Cáncer: 3.500 euros para o programa Estar preto de ti.
• Aspaber: 6.299,43 euros para o mantemento da asociación.
• Fundación Érguete Integración: 3.004,65 euros para o proxecto Tecendo redes.
• Un paso máis: 5.802,1 euros para o seu programa de actividades.
• Lenda Educativa, Soc. Coop. Galega: 2.200 euros para obradoiros e actividades.

Outra das convocatorias que se resolveu hoxe foi a correspondente ás subvencións anuais para a celebración de festas populares, por un total de 13.500 euros que se distribúen do seguinte xeito:
• Comisión de festas de Noicela: 500 euros para o Santísimo Sacramento o outros 500 para a Inmaculada Concepción.
• Sísamo: 2.000 euros polos catro días de festa con verbena na honra da Virxe do Carme e do Apóstolo Santiago.
• A Milagrosa: 1.500 euros.
• Verdillo: 2.000 euros para o Socorro e San Lourenzo.
• Asociación Cultural A Esmorga: 2.500 euros para as celebracións de Santa María e Santa Eufemia.
• Comisión de festas da Pilarica: 1.000 euros polos dous días de festa.
• Agrupación parroquia de Aldemunde: 500 euros para Santa María Magdalena.
• Comisión de festas San Xurxo de Artes: 1.500 euros para San Antonio e as celebracións patronais.
• Agrupación de veciños comisión de festas de Xoane: 1.000 euros para San Ramón.
• ADCR Baldaio: 500 euros para a Festa do Berberecho.


Axudas ás familias
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou nesta última sesión do ano a concesión de axudas a estudos para alumnado do segundo ciclo de educación infantil e do Conservatorio Profesional de Música, corresondente ao curso 2024-2025. En total foron aprobadas 19 axudas para estudantes do CMUS, por un importe de 3.222 euros, e 205 para alumnado do segundo ciclo de infantil, por 40.900 euros. Outras 42 solicitudes foron rexeitadas por non cumplir os requisitos.

Así mesmo, foron aprobadas sete axudas, por importe de 1.962,23 euros, para actividades de conciliación familiar realizadas durante o ano 2024.

A última liña de subvencións é a correspondente ao pago de subministracións eléctricas para o ano 2025, con 119 solicitudes aprobadas, cada unha delas cun pago único de 200 euros, e 18 denegadas por non cumprir os requisitos.


Prezos públicos
Por outra banda, a Xunta de Goberno deu o visto bo aos prezos públicos para os espectáculos que se celebren no Pazo da Cultura no ano 2026, que non experimentan variacións. Deste xeito, para espectáculos cun caché de 750 a 2.500 euros establécese un prezo de 5 euros (3 euros, reducido); se o custe é de 2.501 a 5.000 a entrada será de 7 euros (4, reducido), e se supera os 5.000 euros, o prezo será de 9 euros (5, reducido).

As reducións aplicaranse a estudantes con carné de estudante, maiores de 60 anos, menores de 18, titulares de carné xove, persoas desempregadas, familias numerosas ou persoas con certificado de discapacidade.