Home A Coruña A Xunta destaca o bo ritmo dos traballos de ampliación do Centro...

A Xunta destaca o bo ritmo dos traballos de ampliación do Centro de Día de Cabana de Bergantiños

- Anuncio -

O Goberno galego financia máis do 60% desta actuación, á que achega 200.000 euros

A Xunta destaca o avance nas obras de ampliación do centro de día para persoas maiores de Cabana de Bergantiños, que se prevé que estean rematadas o vindeiro ano. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde do municipio coruñés, José Muíño, visitaron hoxe este inmoble pertencente á rede pública autonómica e que xestiona de maneira directa o ente consorciado.

A Consellería de Política Social financia máis do 60% desta actuación. En concreto, achega 200.000 euros a través dun convenio de colaboración entre o Consorcio e o Concello bergantiñán subscrito en xullo de 2020. A ampliación do centro desenvólvese nunha parcela anexa que no seu día adquiriu a Administración local, que tamén é a responsable da contratación e execución dos traballos.

Perfecto Rodríguez explicou que con esta intervención os usuarios do centro “terán máis comodidades e desfrutarán dun maior benestar ao dispoñer de máis espazo para o desenvolvemento de actividades, o que redundará na calidade asistencial”.

Prazas dispoñibles
Así mesmo, con esta ampliación ábrese a posibilidade de aumentar o número de usuarios no caso de que exista demanda. Na actualidade, o centro de día de Cabana de Bergantiños conta con 34 prazas dispoñibles e fan uso diario deste servizo unha vintena de persoas maiores.

A proposta do Concello contempla un incremento da superficie útil da infraestrutura, ao pasar dos 135 metros cadrados dos que dispón agora aos 335 unha vez rematada a ampliación. A nova distribución será de planta baixa, primeira e segunda; e serán accesibles para os usuarios en cadeiras de rodas. A planta primeira destinarase a centro de día e contará tamén cun espazo exterior para o desfrute dos seus usuarios. O resto de plantas albergarán outros usos sociais do Concello.

O centro de día de Cabana de Bergantiños, como todos os que forman parte da rede pública da Xunta que xestiona o Consorcio, ofrece unha atención terapéutica integral, co fin de promover tanto a autonomía persoal como o envellecemento activo e saudable dos maiores que acoden ao mesmo. Para conseguir este obxectivo, este servizo de atención diúrna conta con profesionais que planifican e levan a cabo diferentes actividades, obradoiros e terapias, segundo as necesidades dos usuarios.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas