HomeA CoruñaA Xunta destaca o éxito da segunda edición de "Da Pobra a...

A Xunta destaca o éxito da segunda edición de “Da Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou este sábado na última xornada da segunda edición da iniciativa gastronómica Da Pobra a Portosín, Tapeando polo Mar.
O evento puxo así o broche final a tres sábados consecutivos nos que os establecementos hostaleiros da Pobra do Caramiñal, Porto do Son e hoxe os de Ribeira, ofreceron tapas elaboradas con produtos pesqueiros como o mexillón, o atún e a anchoa.
A Xunta colaborou un ano máis con este evento no marco da súa aposta pola promoción e posta en valor dos produtos do mar de Galicia, contribuíndo en paralelo a dinamizar a hostalaría e o turismo nas vilas costeiras.

Publicacións Relacionadas