Home A Coruña A Xunta destaca o potencial do polo de empredemento de Costa da...

A Xunta destaca o potencial do polo de empredemento de Costa da Morte para xerar emprego e fixar poboación

- Anuncio -

― O delegado da Xunta e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego participaron na xornada Potenciando o emprendemento, aproveitando os recursos locais: Canle de augas bravas de Dumbría, organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego Costa da Morte

― Margarita Ardao lembrou que os polos desde o seu estreo, o ano pasado, xa apoiaron máis de 150 proxectos empresariais e celebraron máis de 500 sesións de titorización a futuros emprendedores

― O obxectivo deste encontro foi fomentar o emprendemento a partir da potencialidade do proxecto da Canle de Augas Bravas de Dumbría

delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na clausura da xornada de traballo Potenciando o emprendemento, aproveitando os recursos locais: Canle de augas bravas de Dumbría, organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego Costa da Morte.

No encontro presentouse a proposta, apoiada polo polo, para a construción dunha canle de augas bravas debido ás características do río Xallas ao seu paso por este concello. A posta en marcha deste proxecto xeraría, ao igual que pasou noutros casos, diferentes oportunidades de emprendemento e ideas de negocio ao redor do mesmo. Para contribuír a este desenvolvemento analizouse no encontro a situación actual e elaboráronse posibles propostas de futuro.

Trenor explicou que “o obxectivo deste encontro foi fomentar o emprendemento a partir da potencialidade do proxecto da Canle de Augas Bravas de Dumbría. Para iso, explicaronse ás persoas asistentes os antecedentes e o estado actual do proxecto e presentaron un caso de éxito dun proxecto similar xa en marcha”.
O representante do Goberno autonómico explicou tras meses de funcionamento, desde o pasado mes de outubro, este polo presta asesoramento na actualidade a 35 proxectos de emprendemento de 18 mulleres e 25 homes que están recibindo acompañamento persoalizado e adaptado ao estado no que se atope o seu proxecto empresarial. Dez deles atópanse na etapa Emerxer, catro na etapa Explorar, seis na de Executar e cinco na de Expandir.
Trenor lembrou que “este é o primeiro polo activo na provincia da Coruña e que desde esta sede en Coristanco presta servizo e apoio aos 29 concellos que conforman as comarcas da Barcala, Barbanza, Bergantiños, Fisterra, Muros, Noia, Terra de Soneira e Xallas”.

O delegado da Xunta destacou que con estes centros a Xunta de Galicia ofrecen unha rede unificada e coordinada, conformada por titores que acompañan desde o comezo e durante cada etapa ás persoas que inician a súa andaina empresarial, para que sexan quen de emprender en condicións de seguridade e para garantir que os seus negocios medren e se consoliden no tempo.
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, pola súa banda, convidou ás persoas asistentes a “aproveitar as oportunidades e recursos da Costa da Morte para poner en marcha negocios viables que repercutan directamente na economía local”. Animou a empregar os servizos o Polo Costa da Morte con sede en Coristanco, como integrante da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que a Consellería de Promoción do Emprego está a despregar por toda a xeografía galega e que desde o seu estreo, o ano pasado, xa apoiaron máis de 150 proxectos empresariais e celebraron máis de 500 sesións de titorización a futuros emprendedores.
Os polos constitúen unha das principais actuacións da estratexia de emprego de Galicia Xempre Contigo, que avoga por avanzar na consecución dun mercado laboral mellor, máis preparado e interconectado, no que o emprendemento no territorio resulta clave polos beneficios que reporta na poboación e nas contornas para xerar emprego e fixar poboación, rematou o delegado.

Relacionadas

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos para que poidan desenvolver a súa tese en...

0
― A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61...

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Publicacións Relacionadas