Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta destina máis de 100.000 euros a dispositivos para a acollida...

A Xunta destina máis de 100.000 euros a dispositivos para a acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e de trata en Santiago, Ourense e Lugo

- Anuncio -

― A Secretaría Xeral da Igualdade vén de asinar senllos convenios con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e de Ourense, así como coa entidade Aliad Ultreia para garantir o funcionamento dos seus dispositivos de acollida

― Cáritas facilita aloxamento, tratamento médico e psicolóxico, e información e asesoramento legal ás vítimas; mentres Aliad Ultreia tamén presta atención formativa ou laboral, con recursos propios ou en colaboración con outras entidades

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, vén de asinar convenios de colaboración con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e de Ourense, así como coa entidade Aliad Ultreia -emprazada en Lugo-, de cara ao mantemento de dispositivos para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e de trata. En total, a Xunta destina a estes acordos máis de 100.000 euros co gallo de financiar os gastos correntes de funcionamento destes dispositivos.
No que respecta a Cáritas, conta con senllos dispositivos en Santiago e Ourense destinados á atención integral a mulleres vítimas de explotación sexual e de trata nos que se lles presta acollida, axuda e asistencia directa. Co obxecto de garantir o seu funcionamento, o Goberno galego aporta 30.000 euros en cada caso, para que continúen a encargarse do servizo integral de atención, apoio, acollida e de recuperación ás vítimas, facilitando, cando menos, aloxamento, acceso a tratamento médico e psicolóxico, e información e asesoramento legal sobre servizos e programas.
Canto a Aliad Ultreia, dispón en Lugo dun dispositivo de acollida destinado a facilitar un espazo onde as mulleres vítimas de explotación sexual ou en risco de sufrila, que buscan apoio para saír desa situación, poidan cubrir as súas necesidades básicas e contar con acompañamento nese proceso de saída, autonomía e reinserción sociolaboral. Nesa liña, a Xunta de Galicia aporta 45.000 euros para que poidan seguir facilitando non só aloxamento a estas mulleres, senón tamén acceso a atención educativa, psicolóxica, social, formativa e laboral, xa sexa por medio dos recursos propios da entidade como por medio da derivación e colaboración con outras entidades.
I Plan galego contra a trata de seres humanos
Cómpre sinalar que Galicia recoñece a trata de mulleres e de nenas como violencia de xénero, polo que poden acceder así á axuda económica mensual para as vítimas da violencia de xénero e aos os recursos de apoio xurídico, psicolóxico, social e de apoio á inserción laboral, entre outros. Como novidade, a partir de 2023, inclúense tamén como vítimas de violencia de xénero as de explotación sexual, polo que tamén poderán acceder a todos estes recursos.

A Xunta, ademais, ten vixente o primeiro Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024, co fin de articular políticas que dean unha resposta integral e coordinada ás situacións de trata con fins de explotación sexual e contribuír á súa erradicación.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Publicacións Relacionadas