Home A Coruña A Xunta e concello de Mañon avanzan na concreción dos traballos que...

A Xunta e concello de Mañon avanzan na concreción dos traballos que se execurán no río Sor grazas aos Fondos Europeos de Recuperaión económica

- Anuncio -

O Goberno galego quere empezar a definir canto antes os lugares e actuacións prioritarios en materia de biodiversidade para poder cumprir cos prazos marcados pola UE

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, reuníronse esta mañá para analizar as actuacións concretas que se acometerán no río Sor ao seu paso polo municipio grazas aos fondos europeos do Plan de recuperación que lle corresponderán a Galicia para financiar proxectos de conservación e restauración dos ecosistemas e da súa biodiversidade.

A xuntanza enmárcase nos contactos mantidos entre a Xunta e o Concello de Mañón nos últimos meses con relación ao chamado Proxecto Mil Ríos, deseñado para a recuperación dos hábitats, a restauración ecolóxica e a mellora da resiliencia das zonas húmidas e dos ríos galegos ao cambio climático.

As actuacións levaranse a cabo en ríos da Comunidade co obxectivo de eliminar e controlar as especies exóticas e alóctonas presentes nos corredores fluviais, reforzar os hábitats e especies animais e vexetais existentes neles, especialmente as de interese comunitario, e mellorar o seguimento dos peixes migradores nos ríos de Galicia.

Por este motivo, a directora xeral reuniuse co rexedor de Mañón coa intención de ir pechando un calendario de actuacións e medidas concretas centradas tanto na protección e mellora do Sor como na dos seus hábitats, especies e ecosistemas fluviais.

Ademais, Do Campo e Dovale visitaron hoxe unha zona do río ao seu paso polo municipio na que poderían centrarse parte dos traballos e que conta cun gran potencial, ademais, para desenvolver actividades formativas no marco das novas escolas de río. Neste sentido, a directora xeral insistiu na importancia de que a Xunta vaia avanzando na definición dos lugares e accións que se queren levar a cabo grazas ao apoio comunitario, sobre todo tendo en conta que a finais de 2023 deben estar aprobados os compromisos de gasto dos fondos asignados e antes de que remate 2026, executadas as actuacións.

O rexedor de Mañón, pola súa banda, ofreceu a máxima colaboración do municipio neste proxecto, incidindo en que o Goberno local leva anos apostando polo coidado do río Sor e da súa contorna para poñer a disposición de veciños e visitantes espazos recreativos de lecer ao aire libre nos que poder gozar da natureza.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico unha decena de proxectos elixibles —é dicir, que cumprían os requisitos e as liñas xerais da UE para optar aos fondos Next Generation— dentro da chamada compoñente 4 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, recentemente aprobado pola Comisión Europea.

Un deles foi, precisamente, o Proxecto Mil Ríos, unha das iniciativas deseñadas pola Xunta para o impulso do seu patrimonio natural que absorberá parte dos recursos que xestionará Galicia dos fondos para a recuperación económica.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas