Home A Coruña A Xunta e o concello de Ordes colaboran na humanización do núcleo...

A Xunta e o concello de Ordes colaboran na humanización do núcleo urbano da localidade cun orzamento de máis de 450.000 euros

- Anuncio -

O Goberno galego destinará 8,6 M€ o vindeiro ano a seguir apoiando ás entidades locais galegas na execución deste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento reservado a tal fin en 2022

A Xunta de Galicia e o Concello de Ordes colaboraron na humanización do núcleo urbano da localidade cun orzamento de máis de 450.000 euros, tal e como explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou esta mañá ás actuacións levadas a cabo nas rúas Mediodía e Víctor González Faya.

Máis polo miúdo, Ángeles Vázquez explicou que as obras, financiadas nun 70% pola Xunta e nun 30% polo Concello, consistiron na renovación das beirarrúas con baldosa de formigón vibrado con bordo de granito biselado e dos carrís e aparcadoiros con aglomerado en quente.

A maiores, tamén se levou a cabo a reposición das redes de pluviais e abastecemento así como do tubo de PVC para a conexión da rede de saneamento, a instalación de dúas fontes de auga, sinalización vertical e repintado.

A obra levouse a cabo ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza.

Desde entón, mobilizáronse ao redor de 163 millóns de euros para o financiamento de máis de 400 iniciativas urbanísticas en decenas de concellos galegos co fin de habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas.

De feito, só na provincia da Coruña foron comprometidas ou executadas desde entón ao abeiro deste programa un total de 96 actuacións, incluída a que se acometeu no concello de Ordes. Cómpre lembrar que este municipio xa levou a cabo outras actuacións ao abeiro desta orde de axudas como a humanización da rúa Alfonso Senra e da praza do centro sociocomunitario Isabel Zendal.

A Xunta destinará 8,6 millóns de euros o vindeiro ano a seguir apoiando ás entidades locais galegas na execución deste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento reservado a tal fin en 2022.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas