Home A Coruña A Xunta e o concello de Vedra colaboran na mellora da eficincia...

A Xunta e o concello de Vedra colaboran na mellora da eficincia enerxética do campo de Fútbol Municipal

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as instalacións, que xa contan cunha nova iluminación con proxectores de tecnoloxía LED

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o concello de Vedra, para comprobar as actuacións levadas a cabo para mellorar a eficiencia enerxética da iluminación do campo de fútbol municipal. O Goberno galego apoiou este proxecto cuns 25.000 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público.

A Xunta e o concello de Vedra colaboran na reforma do alumeado desta instalación deportiva mediante a substitución dos proxectores por outros de tecnoloxía LED máis eficientes co obxectivo de diminuír o consumo eléctrico e as emisións de dióxido de carbono á atmosfera, ao mesmo tempo que se consegue un importante aforro económico para o municipio.

Durante a súa visita, Natalia Prieto, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns. Ademais, son a administración máis próxima á cidadanía e, por tanto, a que mellor coñece as necesidades dos seus veciños.

O concello de Vedra recibiu nos últimos anos máis de 445.700 euros das distintas liñas de axudas da Vicepresidencia Primeira, entre elas a Orde de Infraestruturas de uso público que permite poñer en marcha ou ampliar e reformar instalacións destinadas á prestación de servizos municipais, así como a dotación do seu equipamento. Na convocatoria deste ano a Xunta mantén o orzamento de 4 millóns de euros desta orde dirixida aos municipios galegos, despois de incrementar a contía en 2020 nun millón de euros respecto a 2019.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas