HomeA CoruñaA Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais no núcleo...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais no núcleo de Espiñaredo, no concello das Pontes

- Anuncio -spot_img

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galicia, localizaron este foco contaminante nunha inspección rutineira
A orixe deste vertido estaba nas augas residuais xeradas nas vivendas, que vertían a un rego sen depuración previa a través dunha rede de augas pluviais municipal
Augas de Galicia notificoulle ao Concello das Pontes esta situación e instou á adopción das medidas correctoras necesarias
O persoal autonómico constatou nunha recente inspección a emenda do vertido tras a reforma na rede de colectores e a instalación dun sistema de depuración

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais urbanas ao dominio público hidráulico no núcleo de Espiñaredo, no concello das Pontes.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galicia, localizaron a orixe deste vertido nas augas residuais urbanas xeradas nas vivendas do núcleo, que vertían directamente cara a un rego sen depuración previa a través dunha rede de augas pluviais municipal.

O persoal inspector realizou unha visita xunto a técnicos do Concello, solicitándolles a estes a planificación de actuacións para emendar o vertido contaminante.

Logo de varias inspeccións de seguimento, o Concello informou da redacción e posterior execución dun proxecto de mellora de saneamento en Espiñaredo, mediante o cal quedaría emendado o foco contaminante.

Recentemente, os técnicos do Plan de Control de Vertidos levaron a cabo unha inspección na zona, constatando a emenda do vertido tras as obras de reforma na rede de colectores e a instalación dun sistema de depuración.

Os inspectores autonómicos procederon á toma de mostra no aporte da rede de augas pluviais, verificando a ausencia de contaminación.

Publicacións Relacionadas