Home A Coruña A Xunta fai entrega de 3 vehículos Pick-Up a Agrupacións de Voluntarios...

A Xunta fai entrega de 3 vehículos Pick-Up a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Boimorto, Camariñas e Dumbría

- Anuncio -

― O investimento do Goberno galego nos últimos anos en material cedido aos servizos de emerxencias dos concellos galegos supera os 21M€, máis de 15M€ para as agrupacións de Protección Civil

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no acto de entrega no Obradoiro de 3 vehículos tipo pick up a agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Boimorto, Camariñas e Dumbría

Trenor indicou que esta esta achega forma parte da orde de axudas da Xunta do ano pasado, destinada a material para as Agrupacións de voluntarios de Protección Civil, cun importe de 1M€, pola que tamén se está facendo entrega en toda Galicia de 26 tendas de campaña para emerxencias, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas para a retirada de neve para as actuacións en concellos máis afectados polas nevaradas, 6 remolques de emerxencias e estes 19 vehículos tipo-pick para que os operarios de Protección Civil poidan moverse en todo tipo de terreos e así facilitar as actuacións que habitualmente realizan na axuda da veciñanza.

O delegado da Xunta subliñou que os voluntarios de Protección Civil son un piar fundamental na atención as emerxencias tanto nas tarefas de prevencións como en apoio ás intervencións sendo moitas veces os primeiros en chegar, de aí a importancia que poidan contar co equipamento necesario para velar pola seguridade dos cidadáns nas mellores condicións ofrecendo a mellor resposta ante calquera incidencia coa maior eficacia posible.

Esta orde dotada con 1M€ en equipamento a este colectivo inclúese nos máis de 11M€ investidos nos últimos anos para dotar do material necesario a estas agrupacións e que se completa con outras axudas para gastos de funcionamento das agrupacións de Protección Civil. Unha liña na que mantemos o investimento de 340.000 euros neste 2022 e que nos últimos anos acadou un investimento de máis de 4M€. Polo tanto, máis de 15M€ destinados ao reforzo do equipamento dos nosos voluntarios de Protección Civil e a apoiar o mantemento da actividade destas agrupacións.

Relacionadas

Villares participa na homenaxe aos falecidos no afundimento do arrastreiro Villa de Pitanxo no...

0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na homenaxe aos 21 tripulantes falecidos no afundimento do buque arrastreiro galego Villa de Pitanxo no...

A Xunta salienta que a Bandeira Verde de Galicia pon en valor a aposta...

0
— Ángeles Vázquez subliña que é a primeira vez que este municipio pontevedrés logra este recoñecemento — A Bandeira Verde de Galicia outorga visibilidade aos...

Homenaxe en San Sadurniño á subcampioa de europa de surf SUB-10, Candela Pérez Dopico

0
Hoxe, xusto antes do empezo do partido de volei da SM2, rendéuselle á surfista Candela Pérez Dopico a homenaxe que tiñamos pendente desde decembro,...

Rescatada na súa vivenda unha persoa de avanzada idade na Pobra do Caramiñal

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira participaron esta tarde na asistencia e rescate dunha persoa de avanzada idade no seu fogar na Pobra...

A Xunta asina un convenio con NTT data para potenciar a formación de profesioais...

0
— A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e o socio director de NTT DATA para Galicia e Asturias,...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

Publicacións Relacionadas