A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade activará servizos de autobús especiais entre os días 24 ao 30 de xullo para as festas da Gándara, en Narón, e as festas do Cochiño, no Parque Acuático de Cerceda, fomentando así o transporte público e reducindo posibles accidentes nas viaxes de regreso.
Concretamente, para as festas da Gándara, en Narón, activaranse servizos entre a praza de España de Ferrol e Xuvia, en Narón do 25 ao 28 de xullo, ambos os dous incluídos. Os servizos de ida sairán de Ferrol ás 00,00 horas, 01,00 e 02,00 horas da madrugada e os de volta sairán desde Xuvia cara a Ferrol ás 00,30 horas, 01,30 e 02,30 horas, respectivamente.
Adicionalmente, o día 28 de xullo habilitaranse tamén servizos con saída desde a praza de España de Ferrol ata Xuvia ás 03,00 e 04,00 horas e, en sentido contrario, desde Xuvia ata a praza de España, ás 03,30 e 04,30 horas.
Por outra banda, o 29 de xullo activaranse servizos con motivo das festas do Cochiño no Parque Acuático de Cerceda. Así, poranse en marcha expedicións con saída de Entrexardíns (A Coruña) ás 19,00 e ás 21,00 horas. Para o regreso, os usuarios contarán con autobuses que sairán na madrugada do día 30 ás 02,15 e ás 03,30 horas, respectivamente.
Os servizos de volta cara á Coruña non recollen parada en Cerceda, mais os veciños deste municipio contarán con servizos específicos de regreso o día 30 ás 02,00 e 03,15 horas da madrugada que partirán desde o Aquapark.
Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.
A información relativa aos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na páxina web www.bus.gal.