Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta impulsa máis de 11 proxectos de embelecemento turístico en 8...

A Xunta impulsa máis de 11 proxectos de embelecemento turístico en 8 concellos do litoral da Comarca do Bergantiños-Costa da Morte por 640.000€

- Anuncio -

— Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega

— Entre as iniciativas beneficiarias inclúense melloras paisaxísticas de paseos marítimos, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización e APPs

— As axudas están incluídas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral deseñado polo Goberno galego con fondos europeos Next Generation

A Xunta de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7M€. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron beneficiarios un total de 11 proxectos en 8 concellos do litoral desta área que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras. Este proxectos recibirán unhas axudas por importe de máis de 640.000 euros

Como se indica na resolución, que será publicada próximamente no Diario Oficial de Galicia e da que xa foron notificados os beneficiarios, inclúense 25 concellos da provincia de A Coruña, onde se levarán a cabo preto de 40 proxectos de embelecemento.

Esta liña de axudas é unha das actuacións incluidas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation. Os destinatarios eran os concellos situados no litoral galego. Concedéronse en réxime de concorrencia non competitiva e, entre outras, subvencionáronse accións que afondasen na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, tamén accións de transición dixital e accesible e inclusiva.

O Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral que ten un plan de execución ata este ano 2024. Cun investimento global de 29,3M€ enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camino á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos. Inclúe a posta en marcha de medidas transversais destinadas ao litoral galego como dúas convocatorias anteriores para concellos e establecementos para rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, xa resoltas, así como a construción da senda do litoral de Galicia. Por outra banda, no marco deste Plan Territorial do Litoral as entidades locais están executando distintos Plans de Sostibilidade Turística en Destino.

CONCELLOOBXECTO AXUDAAXUDA CONCEDIDA
 CABANA DE BERGANTIÑOSACTUACIÓN DE EMBELECEMENTO DO LITORAL NO ACCESO AOS PICOTIÑOS73.778,08 €
 CAMARIÑASINSTALACIÓN DE ASEOS ACCESIBLES EN ESPAZOS PÚBLICOS EXTERIORES DO  CAMARIÑAS40.434,82 €
 CEEINSTALACIÓN DUN ATRIL INTERACTIVO E A CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS PARA GUÍA INTERACTIVA TURÍSTICA14.810,40 €
 CEEMELLORA E REHABILITACIÓN DO PASEO MARÍTIMO43.497,45 €
 CORCUBIÓNREHABILITACIÓN SUSTENTABLE DA CAPELA DO PILAR PARA SALA DE EXPOSICIÓNS63.294,23 €
 CORCUBIÓNMELLORA DA ACCESIBILIDADE NO CAMPO DE SAN ANTONIO50.000,00 €
 DUMBRÍAMELLORA DAS MARXES NO ACCESO Ó MIRADOIRO DO ÉZARO80.000,00 €
 DUMBRÍAMAPA E CONTIDO DIXITAL PARA EXPERIENCIA TURÍSTICA 3D E 360º NO  DUMBRÍA15.000,00 €
 DUMBRÍARENOVACIÓN DE PASARELA NO ENTORNO DA PRAIA DO ÉZARO50.000,00 €
 FISTERRAEMBELECEMENTO NO LITORAL DE LANGOSTEIRA50.000,00 €
 LARACHAFASE II: ACTUACIÓNS DE ACONDICIONAMENTO DE ELEMENTOS DE PROTECCIÓN DA SENDA DO SALDOIRO DE CAIÓN80.000,00 €
 MUXÍAACTUACIÓN DE EMBELECEMENTO DO LITORAL. MELLORA DOS ACCESOS NA SENDA DO RIO NEGRO EN MUXÍA80.000,00 €
11 AXUDAS640.814,98 €

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

Publicacións Relacionadas