Home A Coruña A Xunta inicia esta semana os traballos de roza e limpeza nas...

A Xunta inicia esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Arzúa e de Melide

- Anuncio -

― Actuarase nas vías autonómicas da provincia da Coruña AC-234 e AC-840

― Continuarase cos labores na estrada LU-541, nos municipios lucenses de Vilaba e Rábade; na LU-540, ao seu paso por Viveiro; e na vía de altas prestacións CG-2.1, en Monforte e en Chantada

― Proseguirán as tarefas en execución na provincia de Ourense na OU-533, nos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; na OU-540, na cidade de Ourense; e na OU-531, en Vilar de Santos e en Xinzo de Limia.

― Tamén seguirán os traballos na PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra

― Coa nova encomenda a Seaga, desde o ano 2018 a Xunta leva investidos 6,8 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas da súa competencia

A Xunta prevé iniciar nesta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas AC-234 e AC-840, ao seu paso polos concellos de Arzúa e de Melide, respectivamente. En paralelo ao inicio destas novas actuacións nestas dúas vías da provincia da Coruña, proseguirase coas tarefas que nas últimas semanas se están a realizar en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedra.

Na provincia de Lugo continuarase cos traballos en execución na estrada LU-541, nos municipios lucenses de Vilaba e Rábade; coas tarefas que se están a desenvolver na LU-540, ao seu paso polo municipio de Viveiro; e tamén cos traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, en Monforte e en Chantada.

No caso da provincia de Ourense proseguirase cos traballos na estrada OU-533, no seu percorrido polos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; na OU-540, na cidade de Ourense; e na OU-531, ao seu paso polo concellos de Vilar de Santos e de Xinzo de Limia.

Tamén, na provincia de Pontevedra seguiranse os traballos en execución na estrada PO-531 ao seu paso polos municipios de Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra.
Estas intervencións contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade da Xunta. Dáse así cumprimento á Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”.

O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos realizados eliminan árbores que poderían caer á vía en caso de temporal e evitan que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Tamén serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da vía animais como os xabarís.

Con estes traballos tamén se dá cumprimento ao acordo do Pleno do Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2019, polo que se insta ás administracións públicas a impulsar unha redución progresiva do uso de herbicidas nas marxes das estradas da súa titularidade.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou o pasado mes de xullo estes labores, tras renovar coa empresa pública Seaga o contrato para acometer tarefas de roza e limpeza nas estradas autonómicas para previr lumes e reforzar a seguridade viaria, cun investimento de preto de 1,5 millóns de euros.

Cada semana, unha media de 30 operarios e arredor de 15 máquinas traballan para levar a cabo estas tarefas de limpeza e control da vexetación nas marxes das estradas autonómicas.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez intensificou nos últimos anos as accións de prevención de lumes nas marxes das estradas da súa competencia, engadindo aos medios de conservación ordinaria un reforzo con encomendas á empresa pública Seaga.
Coa nova encomenda a Seaga, desde o ano 2018 a Xunta leva investidos 6,8 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas da súa competencia.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas