Home A Coruña A Xunta investirá 10.000 euros na rehabilitación e na dotación de equipamento...

A Xunta investirá 10.000 euros na rehabilitación e na dotación de equipamento do Xulgado de Paz de Ponteceso

- Anuncio -

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou hoxe co alcalde un convenio de colaboración para levar a cabo estas actuacións que repercutirán en ofrecer un servizo de calidade aos cidadáns

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou hoxe co alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, un convenio de colaboración mediante o que a Xunta investirá 10.000 euros na rehabilitación e dotación de equipamento para as oficinas do xulgado de Paz.

A Xunta asinou co concello un convenio de colaboración para levar a cabo estas actuacións co obxectivo de que o persoal da Administración de Xustiza poida ofrecer un servizo de calidade aos cidadáns. Esta iniciativa inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego, dentro das súas competencias, para modernizar e mellorar a Administración de Xustiza.

Ao respecto, destacan avances importantes como o Plan de infraestruturas xudiciais, no que se levan investidos 115 millóns de euros; o Plan de Renovación de Mobiliario en oficinas e despachos coa instalación de armarios rodantes nos arquivos, que suman un investimento de case 5 millóns de euros ata 2021; a mellora da seguridade das sedes xudiciais, que dispón dun investimento de 1,5 millóns de euros para renovar os equipamentos das cidades e vilas de 3 ou 4 xulgados; ou o Plan Senda 2020, cunha dotación de 50 millóns de euros desde 2009, que facilitou que Galicia xa teña en marcha as pezas necesarias para o Expediente Xudicial Electrónico.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Publicacións Relacionadas