Home A Barcala A Baña A Xunta investirá preto de 360.000€ na mellora da accesibilidade e da...

A Xunta investirá preto de 360.000€ na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil na AC-444 na zona do Seilán, no concello de Baña

- Anuncio -

― Ethel Vázquez adianta que nos vindeiros días se iniciará a supervisión técnica do proxecto para poder sometelo a información pública o antes posible

― Executarase un itinerario peonil continuo, renovando e ampliando as beirarrúas existentes, executando novos treitos ou dispoñendo senda de formigón

― Actuarase en ambas as marxes da estrada nunha lonxitude de preto de 900 metros

― A intervención atende as solicitudes municipais de canalización de abastecemento e de duplicar a condución de saneamento co fin de eliminar os vertidos cara á vía

― A titular de Infraestruturas destaca o traballo da Xunta pola mellora da rede viaria autonómica, con actuacións como o reforzo do firme levado a cabo recentemente nas estradas AC-406 e AC-546, cun investimento de case 300.000 € no concello da Baña

A Xunta investirá preto de 360.000 euros na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil na estrada AC-444 ao seu paso municipio da Baña, concretamente no lugar do Seilán.

Así llo comunicou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao alcalde, Andrés García, no encontro de traballo que mantiveron esta mesma semana no que tamén participou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

A titular de Infraestruturas da Xunta adiantou que nos vindeiros días se iniciará a supervisión técnica do proxecto co obxectivo de poder sometelo a información pública o antes posibles, xa que require de expropiacións.

O obxectivo da intervención é mellorar a accesibilidade peonil en ambas as marxes da estrada nun treito de preto de 900 metros, concretamente, entre os puntos quilométricos 0+570 e 1+450.

Habilitarase un itinerario peonil continuo, renovando e ampliando as beirarrúas existentes, executando novos treitos de beirarrúa alí onde non as hai ou dispoñendo senda de formigón, garantindo un ancho de 2 metros que garanta a accesibilidade.

A intervención inclúe a implantación de canalización de abastecemento, seguindo o trazo da beirarrúa ampliada, tal e como demandou o Concello.

A titular de Infraestruturas tamén se comprometeu a atender a solicitude municipal de duplicar a condución de saneamento co fin de eliminar os vertidos actuais de varias vivendas cara á estrada.
Ethel Vázquez puxo en valor o traballo do Goberno galego para manter en boas condicións de seguridade e de comodidade a rede viaria autonómica, con actuacións como o reforzo do firme levado a cabo recentemente nas estradas AC-406 e AC-546, que supuxeron un investimento de preto de 300.000 € só no concello da Baña.

A mellora do firme destas vías enmárcase nun contrato maior co que se actuou en tres estradas de titularidade da Xunta ao seu paso polos concellos de Tordoia, Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Negreira e A Baña cun investimento global que supera o 1,5 millóns de euros.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por vento na Mariña Lucense

0
―      Suspéndese por este motivo mañá pola mañá a actividade deportiva federada e do programa Xogade nos 15 concellos da MariñaTamén estará activa en...

Rueda asina concello de Poio un convenio para invertir 1,7 M€ na primeira fase...

0
Lembra que se trata “dunha das zonas urbanas máis transitadas de Galicia” ao ser a vía de entrada e saída da cidade de PontevedraA...

A Xunta esíxelle ao Goberno central a celebración da conferencia sectorial de transportes para...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou hoxe en Madrid na Comisión de directores xerais de Transporte do Estado e das Comunidades Autónomas...

A Xunta defende que a promoción da lingua e a cultura galegas por parte...

0
No debate de totalidade do Proxecto de lei de medios, o  conselleiro  de Presidencia subliñou que se trata dunha lei “útil” para lingua, a...

Accidente de tráfico de camión contra turismo no lugar das Cortes, no concello de...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta tarde á DP-3301 no PK 1 no lugar de As Cortes, no Concello de Rianxo,...

Cultura presenta a II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025

0
Hoxe tivo lugar esta presentación por parte da concelleira de Cultura, Antía Alberte que encara esta segunda edición da II Mostra de Mulleres Creadoras...

Publicacións Relacionadas