Home A Coruña A Xunta inviste máis de 380.000€ na substitución das carpinterías e do...

A Xunta inviste máis de 380.000€ na substitución das carpinterías e do illamento térmico exterior do CEIP Eugenio López de Cee

- Anuncio -

― Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

― Este investimento únese aos 664.000 euros licitados para a renovación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e aos 361.000 euros para a mellora das carpinterías e da cubeta do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños

― A actuación enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para deseñar un novo modelo de centros educativos postcovid

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou nunha visita ao CEIP Eugenio López de Cee, de que a Xunta de Galicia vai acometer a renovación das carpinterías e do illamento térmico exterior (SATE) deste centro educativo cun investimento de máis de 380.000 euros que suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con máis de 191 millóns de euros.

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión co equipo directivo para informar da licitación que xa se levou a cabo, e que marca un prazo de execución de tres meses para esta actuación. O proxecto propón a substitución das carpinterías exteriores por unhas novas con rotura de ponte térmica e vidros cun mellor comportamento enerxético e contempla tamén a instalación dun sistema de illamento térmico polo exterior (SATE) de parte dos cerramentos do edificio, patios este e fachada sur do edificio principal.

Segundo explicou o representante do Goberno autonómico, esta importante actuación ten por obxectivo primordial mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúan no centro e vai na liña das pautas marcadas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia aprobado polo Goberno galego. Este plan supón avanzar nun novo concepto de centros educativos postcovid ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.

Este investimento únese as obras xa licitadas de rehabilitación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel en Coristanco, cun investimento de máis de 664.000 euros e aos 361.000 euros para a renovación da cuberta e das carpinterías do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños. En total, nesta comarca a Xunta xa ten licitadas tres importantes actuacións en tres centros educativos por valor de máis de 1,4 millóns de euros.

Trenor tamén explicou que, a pesar de que algunha obra pode verse afectada pola subministración de materiais que se está dando de maneira xeneralizada en todos os sectores industriais, todas as melloras nos centros educativos están deseñadas e planificadas para que, en ningún caso, incida no normal desenvolvemento do curso escolar.

Infraestruturas ao servizo dos retos educativos
Trenor lembrou que a Xunta ten “o deber e a responsabilidade de coidar ao máximo os centros educativos, xa que é o lugar onde os nosos fillos pasan a maior parte do seu tempo, e non só para a adquisición de coñecementos, senón onde interactúan cos seus compañeiros, onde xogan e onde aprenden a socializar”. Neste sentido, sinalou a importancia de que todas as novas actuacións en infraestruturas escolares –ben sexan de nova construción ou ampliacións e reformas– fagan especial fincapé no deseño de espazos abertos e multifuncionais que dean resposta ás necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas. Isto é, “un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid onde a arquitectura teña unha orientación educativa, con espazos flexibles, adaptados a calquera circunstancia, equipados e cómodos”, incidiu o delegado da Xunta.

Así, a nova arquitectura educativa institucional vai reforzar os colexios na transformación dixital (con por os creativos e espazos maker, entre outros), na aposta pola inclusión (con espazos máis amplos e saudables, que garantan a accesibilidade e a inclusión de todos os seus usuarios), e no especial deseño de patios e pistas multideporte, máis sustentables desde o punto de vista ambiental, e integrados na contorna onde se insiren.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas