Home A Coruña A Xunta licita a redacción do Proxecto Construtivo de Mellora e Funcionamento...

A Xunta licita a redacción do Proxecto Construtivo de Mellora e Funcionamento Hidráulico do Río Maior en Sada por preto de 70.000 euros

- Anuncio -

As empresas interesadas neste traballo, cun prazo de execución de 6 meses, poden presentar as súas ofertas ata o día 11 de febreiro
Trátase de realizar un estudo de alternativas coa proposta máis adecuada para actuar no treito final do río, para o posterior desenvolvemento do proxecto construtivo e a execución das obras
A intervención será unha primeira medida de cara a minimizar as inundacións na zona das Brañas e a desembocadura do río, declarada como área de risco potencial significativo de inundación

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aposta pola colaboración entre todas as administracións e axentes implicados para facer fronte ás inundacións e acadar unha máis rápida e mellor recuperación fronte ás súas posibles consecuencias

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior no concello de Sada, por importe de preto de 70.000 euros.

A Plataforma de contratos públicos de Galicia recolle a licitación destes traballos, dispoñendo as empresas interesadas na redacción deste proxecto ata o día 11 de febreiro para presentar as súas ofertas. O prazo de execución do contrato é de 6 meses.

Este proxecto enmárcanse no convenio de colaboración entre a entidade adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Augas de Galicia, e o Concello de Sada para actuar no treito final do río e evitar inundacións no núcleo urbano, un acordo que conta cun investimento conxunto de máis de 1,57 millóns de euros.

Coa licitación deste contrato trátase de realizar, primeiramente, un estudo de alternativas coa proposta máis adecuada para actuar no treito final do río. Este será o primeiro paso das actuación previstas no convenio, e base para o desenvolvemento posterior do proxecto construtivo da solución determinada, para acometer as obras necesarias e, posteriormente, conservalas e mantelas.

As actuacións do convenio
Segundo o convenio asinado, do total da achega, 75.000 euros destinaranse á redacción do proxecto construtivo, licitado agora por Augas de Galicia e cuxo custo asumirá o Concello.

Os 1,5 millóns de euros restantes destinaranse á execución das obras, achegando 500.000 euros a entidade hidráulica da Xunta e 1 millón de euros o Concello de Sada. As actuacións contarán co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

No cumprimento do obxecto deste convenio, Augas de Galicia comprométese, ademais, a realizar o estudo de alternativas, contratar a redacción do proxecto da obra de acordo coa proposta seleccionada polo Concello de Sada, así como á súa supervisión e aprobación. Tamén se obriga á contratación, dirección e execución das obras ata completar a súa finalización.

Pola súa banda, o Concello de Sada asume determinar a proposta máis adecuada das resultantes do estudo de alternativas elaborado polo organismo hidráulico da Xunta, a posta á disposición dos terreos necesarios para o inicio das obras e a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución; así como a obriga de recibir as obras que non formen parte do dominio público hidráulico, e asumir o seu mantemento e conservación.

Área de risco potencial significativo de inundación, Arpsi
Augas de Galicia redacta e revisa cada seis anos a avaliación preliminar do risco de inundación (EPRI) da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, considerándose na actualización correspondente ao segundo ciclo 2021-2027, a zona das Brañas e a desembocadura do río Maior, en Sada, como área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

O proceso de planificación, unha vez declarada unha zona como área de risco, leva consigo o posterior desenvolvemento de mapas de risco de inundación, para a súa incorporación ao plan de xestión de risco de inundación. Este Plan permite, xunto co estudo e a determinación das medidas que se consideren necesarias para tratar de minimizar os riscos de inundación, incrementar a calidade ambiental das contornas fluviais e recuperar a condición dos ríos como hábitats naturais, para a súa execución por cada unha das autoridades competentes.

Independentemente deste proceso, o Concello de Sada presentou un estudo sobre o deficiente funcionamento e insuficiencia de capacidade de desaugue e os continuos atrancos dos ríos Maior e Fontoria no treito final, no que existen catro ovoides, propoñendo substituílos por un marco de sección interior de 4×1,50 metros, similar ao resto de treitos do canal que discorre polo núcleo urbano.

A partir de todo este traballo, realizarase o estudo alternativas para poder decidir a solución óptima e eficaz na redución do risco de inundación da área de risco potencial significativo de inundación de Sada, podendo considerarse esta actuación conxunta como unha primeira medida das que corresponda acometer para minimizar os riscos de inundacións neste concello.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue apostando pola colaboración entre todas as administracións e axentes implicados para estar máis preparados fronte ás inundacións e acadar unha máis rápida e mellor recuperación fronte ás súas posibles consecuencias.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas