Home A Coruña A Xunta mellora o pavillón municipal de Noia "Agustín Mourís" con achegas...

A Xunta mellora o pavillón municipal de Noia “Agustín Mourís” con achegas de máis de 50.000 euros

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe estas instalacións deportivas referentes para o concello


— Incrementouse a cabida para o público e habilitouse unha área para os profesionais da prensa, ademais de instalar un videomarcador na grada norte

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o pavillón municipal de Noia Agustín Mourís, no que o a Xunta investiu máis de 50.000 euros en diversas melloras. Destináronse máis de 38.500 euros ás obras para a ampliación da cabida, presupostadas en 48.172 euros, e outros 12.000 euros á instalación dun videomarcador cuxo custo foi de 15.000 euros.

As obras de ampliación permitiron sumar 66m2 na zona superior do corpo auxiliar existente no pavillón. A actuación permite así dispoñer dunha maior cabida de público, dunha sala de prensa, e de zonas para xornalistas e para a colocación de cámaras de televisión.

Por outra banda, coa instalación do videomarcador na grada norte do pavillón ofrécese maior información ás persoas asistentes aos eventos deportivos. Trátase dun dispositivo LED deportivo de última tecnoloxía para uso en interiores que ademais conta cun sistema de montaxe e desmontaxe de módulos para poder trasladar a pantalla a outros lugares e utilizalo así noutros pavillóns municipais, colexios, ximnasios ou calquera recinto deportivo cuberto.

Segundo sinalou Diego Calvo, as actuacións enmárcanse na aposta da Xunta polo deporte base no ámbito municipal, para o que cómpre garantir unhas infraestruturas deportivas axeitadas a través da colaboración coas administracións locais.

O vicepresidente segundo referiuse ao pavillón Agustín Mourís como unha “instalación municipal referente para a veciñanza”, xa que nela se disputan os partidos do Noia Portus Apostoli FS, club galego que ascendeu a tempada pasada á Primeira División de fútbol sala. “Facíase polo tanto imprescindible dotar esta infraestrutura do espazo e o equipamento precisos para favorecer tanto a práctica deportiva coma o seu desfrute por parte do público”, engadiu.

Investimento de 18M€ en instalacións deportivas
Calvo destacou tamén o interese do Concello de Noia por darlle impulso a estas instalacións e garantirlle así á veciñanza servizos de calidade. Nesta liña, incidiu na aposta do Goberno galego pola creación de novas instalacións deportivas e a mellora das existentes, para o que se investirán neste ano 18M€ nas catro provincias galegas. Búscase así “fomentar o deporte base e poñer á disposición da cidadanía infraestruturas municipais que lles garantan servizos de calidade a todos os galegos, con independencia do seu lugar de residencia”, apuntou.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas