Home A Coruña A Xunta ofrece 12 actuacións escénicas e musicais en Sada ata xuño...

A Xunta ofrece 12 actuacións escénicas e musicais en Sada ata xuño a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios

- Anuncio -

O circuíto retoma mañá a actividade programada en colaboración co Concello, que se desenvolverá na Casa da Cultura Pintor Lloréns

A Xunta promove ata xuño 12 actuacións escénicas e musicais en Sada, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA). As funcións de teatro organizadas en colaboración co concello desenvolveranse na Casa da Cultura Pintor Lloréns. A carteleira con todas as funcións e horarios pódese consultar no web da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e en Cultura de Galicia.

Así, mañá terá lugar o espectáculo musical Chegou o día a Vila Pengüín, do grupo Trilitrate, dirixida a público familiar. Trátase dunha proposta que combina de xeito maxistral música e animación, creada ao vivo, capaz de sorprender a maiores e pequenos pola súa beleza e gran sensibilidade.

Xa en marzo, o día 5 exhibirase tamén para público familiar Miña terra, meu lar, de A Trastenda dos Contos. Este contacontos de contido ambiental a cargo de Felipe Díaz Caxoto abordará cuestións como a regra dos tres ‘R’, o ciclo da auga, ou o quentamento global desde unha perspectiva lúdica. O 14 dese mes será a quenda de Teatro do Noroeste, con As virxes salvaxes, unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír os nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. O día 19, chegará Fran Rei con Superheroe; e o 28, Abismo Caracol, con Entelequias.

Xa en abril, o día 2, está prevista a exhibición de As pitas baixo a choiva, de Ghazafelhos; o 11, de Running, de De Ste Xeito Producións; e o 23, Quixote, de Pedras de Cartón. Tamén para ese mes está programada a coprodución do Centro Dramático Galego Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, o día 25, e Voo, de Ánxela Blanco, o 30. En maio será a quenda da maxia, co ilusionista Álex Louzao e o seu espectáculo De ilusións tamén se vive. A programación do semestre pecharase o 30 de maio coa peza Alén, de A Formiga Producións Teatrais.

Máis de 300 actuacións en 40 concellos
Deste xeito, a Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma a actividade, suspendida nas últimas semanas por mor das restricións da covid-19, como o programa cultural máis intenso e extenso de todos os promovidos pola Xunta. Cómpre salientar que a programación total deste primeiro semestre ofrece máis de 300 actuacións musicais e escénicas en 40 concellos da Rede, coa participación de 110 formacións artísticas profesionais. Mobilízanse así contratacións por valor aproximado dun millón de euros, cofinanciados entre a Xunta e os concellos asociados.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas