HomeA CoruñaA Xunta ofrece nove actuacións escénicas en Cedeira ata xuño a través...

A Xunta ofrece nove actuacións escénicas en Cedeira ata xuño a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios

- Anuncio -spot_img

O circuíto retoma esta fin de semana a actividade programada en colaboración co concello con espectáculos de teatro e danza no Auditorio Municipal

A Xunta de Galicia, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), promove ata xuño 9 actuacións escénicas en Cedeira. As funcións de teatro e danza organizadas en colaboración co concello desenvolveranse no Auditorio Municipal. A carteleira con todas as funcións e horarios pódese consultar na web da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e en Cultura de Galicia

Así, mañá sábado representarase a obra Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Teatro Avento Producións e dirixida ao público familiar, que mestura cancións, bailes e cores para achegarnos unha historia sobre as diferenzas, a autenticidade e o valor de traballar en equipo.

Xa en marzo, está previsto o espectáculo de danza Plastic, de Traspediante, o día 13; e o día 20 Brilla ABrilla, de Trémola Teatro, para a cativada. Tamén serán para as familias as dúas obras previstas en abril, con Pinocchio, de Ghazafelhos, o día 10; e A Cincenta, de Teatro del Andamio, o día 24.

En maio representarase Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, o día 1; O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro, o día 15; e Unhas gafas coma as do avó, con lingua de signos e lingua oral, dirixida ao público familiar, de A Trastenda dos Contos, o día 29. Finalmente, o 5 de xuño, ButacaZero ofrecerá 32m2.

Máis de 300 actuacións en 40 concellos
Deste xeito, a Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma a actividade, suspendida nas últimas semanas por mor das restricións da covid-19, como o programa cultural máis intenso e extenso de todos os promovidos pola Xunta. Cómpre salientar, que a programación total deste primeiro semestre ofrece máis de 300 actuacións musicais e escénicas en 40 concellos da Rede, coa participación de 110 formacións artísticas profesionais. Mobilízanse así contratacións por un valor aproximado dun millón de euros, cofinanciados entre a Xunta e os concellos asociados.

Publicacións Relacionadas