Home A Coruña A Xunta outorga axudas a seis concellos da contorna da Coruña para...

A Xunta outorga axudas a seis concellos da contorna da Coruña para a execución de obas de abastecemento, saneamento e depuración cun investimento de máis de 355.000 euros

- Anuncio -

― O delegado da Xunta na Coruña visitou a zona de Merille, no concello de Coirós, onde informou que este municipio recibirá máis de 57.600 euros para levar a cabo melloras no abastecemento da Espenuca e no saneamento e depuración en Merille

― As axudas, compatibles con outros incentivos, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro na execución das obras, así como os gastos asociados a elas

― Con este tipo de iniciativas a Xunta mantén o apoio ás entidades locais na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, que redundan na calidade de vida das poboacións dos municipios máis pequenos de Galicia

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Coirós, Francisco Quintela, visitou a zona de Merille onde informou que a Xunta investirá máis de máis 57.600 euros para levar a cabo melloras no abastecemento da Espenuca e no saneamento e depuración en Merille.

Trenor destacou que esta axuda inclúese dentro da nova orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para apoiar aos concellos máis pequenos, cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, na execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, á que destina un investimento global que rolda os 9 millóns de euros en toda Galicia, tras ampliar en preto de 5 millóns de euros a orde de axudas dotadas inicialmente con 4 millóns.

No caso dos concellos da contorna da Coruña, o delegado da Xunta, informou que estas axudas beneficiarán a seis municipios: Aranga, Coirós, Mesía, Paderne, Sobrado e Vilasantar, que recibirán en total máis de 355.000 euros para garantir o funcionamento óptimo dos seus sistemas de abastecemento municipal ou para actuar na modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes, así como na construción de novas infraestruturas.
Con esta liña de subvencións, a Xunta trata de apoiar actuacións nos municipios cunha poboación igual ou inferior aos 5.000 habitantes para garantir o mellor funcionamento destes servizos de competencia local.

O límite máximo das axudas foi de 50.000 euros por solicitude, sendo compatibles ambas as liñas de actuación. Así, os concellos tiveron a opción de presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra para actuacións en sistemas de saneamento e depuración.

Estes incentivos, compatibles con outras axudas, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano e inclúen, tanto os investimentos realizados na execución das propias obras, como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

Con esta iniciativa, a Xunta segue a traballar cos concellos apoiándoos na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, de competencia municipal, que redundan na calidade de vida dos veciños dos municipios máis pequenos de Galicia.

Esta actuación da Xunta conta coa financiación do eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.


CONCELLO
SISTEMATÍTULO PROXECTOACHEGA AUGAS DE GALICIA
ArangaAbastecementoTraída de augas municipal en la parroquia de Fervenzas48.000,00 €
CoirósAbastecementoAbastecemento Espenuca e outros17.899,02 €
CoirósSaneamento e depuraciónSaneamento Merille e outros39.828,74 €
MesíaAbastecementoActuacións de ampliación e mellora da rede de abastecemento de auga en diversos puntos do termo municipal50.000,00 €
PaderneAbastecementoTraída de auga municipal en el lugar de Costa de Lucas – Os Carballos50.000,00 €
PaderneSaneamento e depuraciónRede de saneamento no lugar de Cruceiro50.000,00 €
SobradoAbastecementoProxecto de abastecemento en Dombrete Sobrado50.000,00 €
VilasantarAbastecementoMellora da eficiencia dos sistemas de tratamento de auga potable do concello de Vilasantar36.588,72 €
VilasantarSaneamento e depuraciónSubstitución dun tramo de colector de saneamento en Vilasantar13.351,71 €
TOTAL355.668,19 €

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

Publicacións Relacionadas