HomeA CoruñaA Xunta pon en valor a campaña de "De faro a faro"...

A Xunta pon en valor a campaña de “De faro a faro” dos concellos de Ortegal como referente interinstitucional para combater a violencia de xénero

- Anuncio -spot_img

O Goberno galego apoia esta acción que busca sensibilizar e concienciar á poboación sobre as violencias contra as mulleres

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron na presentación da campaña De faro a faro contra as violencias machistas, unha iniciativa local impulsada polos concellos de Mañón, Ortigueira, Cerdido e Cariño e que xa é un referente da colaboración interinstitucional.

Neste sentido, María Quintiana e Roberto Barba puxeron en valor a proposta do concello de Mañón – que impulsou esta campaña o pasado ano- por apostar pola colaboración co resto de administracións para avanzar na loita contra as violencias machistas. Así, o Goberno galego apoia esta iniciativa que ten por obxectivo sensibilizar e concienciar á poboación para seguir avanzando na sensibilización, prevención e detección.

Así mesmo, a directora xeral lembrou que a Xunta apoia este ano con preto de 340.000 euros diferentes iniciativas de promoción da igualdade e dos centros de información á muller destes catro municipios. Deste xeito, trasladou o compromiso do Goberno galego para seguir colaborando coas administracións locais para fomentar actividades que promovan a igualdade de xénero entre a poboación e crear accións coma esta campaña – dixo- que sirvan de espello para o resto de concellos e organismos.

Publicacións Relacionadas