Home A Coruña A Xunta prevé investir máis de 5,8 millóns de euros na concentración...

A Xunta prevé investir máis de 5,8 millóns de euros na concentración parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo

- Anuncio -

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o alcalde de Boqueixón explicáronlle hoxe aos veciños as particularidades deste proceso de reestruturación

A nova parcelaria de Boqueixón reorganizará 1.957 hectáreas e beneficiará a 1.195 propietarios e 136 explotacións agropecuarias

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo esta mañá unha reunión informativa cos veciños beneficiados pola concentración parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo, no concello coruñés de Boqueixón. Este proceso prevé reorganizar unha superficie de 1.957 hectáreas divididas en 10.460 parcelas, propiedade de 1.195 veciños e veciñas.

Unha reunión que tivo lugar no local social de Lamas e na que a Inés Santé estivo acompañada polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; o deputado autonómico Ovidio Rodeiro Tato; e técnicos da Consellería do Medio Rural. A directora xeral sinalou que para levar a cabo este proceso, a Xunta ten previsto investir un orzamento de 5.871.000 euros, co fin de mellorar a estrutura territorial da zona e beneficiar tamén as 136 explotacións agropecuarias existentes.

Concentración en Boqueixón

Manuel Fernández Munín lembrou que “foron os veciños e veciñas quen solicitaron este proceso de concentración, que dende o principio foi apoiado polo Concello para reorganizar mellor o territorio e mellorar as condicións técnicas e económicas das explotacións en activo que hai na zona, na súa maioría de vacún, équidos e porcos”.

Pola súa banda, Ovidio Rodeiro fixo fincapé na importancia de que toda a veciñanza recompile toda a documentación referida ás súas propiedades para dispoñer dela cando se inicie o procedemento, que os técnicos agardan que sexa a finais deste ano 2023. De feito, o próximo investimento serán os 472.084 euros destinados á contratación da empresa que se encargará do levantamento topográfico e redacción das bases da concentración parcelaria.

O uso do solo forestal é maioritario na zona da parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo xa que a superficie ocupada por terreos forestais, pastos arbustivos e terras arables ascende ao 97,82%. Así, a futura redistribución de cultivos permitirá un mellor aproveitamento dos predios de substitución, pensando máis na mellora dos accesos e na forma dos predios que nun cambio do propio cultivo. Ademais, con esta reestruturación aproveitaranse os abandonos e matogueiras, que poden integrarse na superficie agraria útil das explotacións. Isto repercutirá positivamente nos seus propietarios, que poderán aumentar a carga gandeira e o nivel competitivo das súas explotacións.

Parcelarias en Galicia

Ao igual que o resto de parcelarias decretadas nos últimos anos, este proceso declárase mediante a Lei de mellora de estrutura territorial de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir os seus custos de produción. Este proceso forma parte das 28 concentracións decretadas pola Xunta desde o ano 2021 e ata a actualidade.

Suporán a reestruturación de máis de 22.800 hectáreas distribuídas en case 110.000 parcelas de algo máis de 16.000 titulares. Para isto, a Consellería ten asignados 17 millóns de euros nos orzamentos de 2023 para seguir traballando nestes procesos de reestruturación. Ademais, este ano impulsarase un Plan extraordinario para arranxar camiños en concentracións parcelarias que estará dotado con 6 millóns de euros en 2023.

Nesta liña, entre os anos 2020 e o que levamos de 2023 rematáronse 25 novas concentracións parcelarias en Galicia, que abarcan un total 18.000 hectáreas, beneficiando preto de 12.500 propietarios que recibiron máis de 28.000 títulos de propiedade. O obxectivo é acadar a trintena de procesos -tanto decretados como finalizados- no primeiro semestre deste ano.

Ademais, xunto coas parcelarias, seguiranse impulsando tamén os procesos que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Desde a entrada en vigor da norma, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria, correspondentes a 21 polígonos agroforestais, a 21 aldeas modelo e a permutas no concello de Friol, na provincia de Lugo.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas