As actuacións en ambos albergues forman parte do Plan de Albergues 2019-2021, dotado con 7M€ para reforzar a rede pública destes establecementos
No embarcadoiro dos Chancís, o proxecto consiste na creación dun novo acceso peonil co obxectivo de facilitar a entrada ás embarcacións utilizadas nos percorridos turísticos dos Canóns do Sil
A Xunta publica hoxe na plataforma de contratos de Galicia a licitación das obras nos albergues de O Pino e de Palas de Rei, e no embarcadoiro dos Chancís, no concello de Sober, aos que o Goberno galego destinará un investimento de preto de 1,3 M euros.
No albergue de Arca, no concello de O Pino, no que investiranse preto de 700.000 euros, na reordenación dos espazos, remodelación e diversas melloras na accesibilidade. No albergue
de Palas de Rei, o investimento acada os 410.000 euros destinados á redistribución das
instalacións e tamén a melloras da súa accesibilidade.
No marco do Plan de Albergues, ao que o Goberno galego destina 7 millóns de euros,
ampliase a a rede pública con 8 novos albergues, ao mesmo tempo que se fan as melloras
necesarias nos 70 actuais para que estean nas mellores condicións para recibir aos
peregrinos no Xacobeo 2021, polo cal este edificio contará cunhas instalacións accesibles e
seguras.
Con estas melloras preténdese dotar de máis albergues e prazas á rede pública para acoller
aos peregrinos que teñan previsto facer o Camiño, que contarán con tódalas garantías con
rutas seguras nas que se levan a cabo tódalas medidas hixiénico-sanitarias fronte á covid-19 establecidas polo Instituto para a Calidade Turística (ICTE) e a consellería de Sanidade.
E no embarcadoiro dos Chancís, no concello de Sober, o proxecto consiste na creación dun
novo acceso peonil adaptado para persoas con mobilidade reducida, así como o traslado do
pantalán a outra zona co obxectivo de facilitar a entrada ás embarcacións utilizadas nos
percorridos turísticos dos Canóns do Sil, ao que o Goberno galego destinará un investimento
de máis de 194.000 euros, co obxectivo de mellorar o confort dos turistas que se acheguen a desfrutar deste recurso turístico de gran interese paisaxístico situado na Ribeira Sacra