Home A Coruña A Xunta reafirma o compromiso de mellora educativa en Arteixo coa construcción...

A Xunta reafirma o compromiso de mellora educativa en Arteixo coa construcción dun novo CEIP e a ampliación do IES de Pastoriza

- Anuncio -

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde, Carlos Calvelo, analizaron as distintas propostas que o Goberno galego vai implementar nos próximos anos neste concello, cun investimento previsto de máis de 4M€

A Xunta de Galicia continúa coa aposta pola mellora das infraestruturas educativas no Concello de Arteixo que se materializará coa construción dun novo CEIP así como coa ampliación do IES de Pastoriza.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reafirmou o compromiso do Goberno galego con este concello no que atinxe aos servizos educativos nunha xuntanza de traballo mantida co alcalde da localidade, Carlos Calvelo, no decurso da cal ambos mandatarios analizaron polo miúdo os proxectos previstos.

Román Rodríguez subliñou que a construción dun novo CEIP é un compromiso “firme” tal como queda reflectido nos Orzamentos da Xunta para este ano, cunha partida inicial de 50.000 euros para a redacción do proxecto sobre un investimento estimado de máis de 4M€, que arrancará unha vez que o concello remate os trámites pertinentes para a posta a disposición os terreos.

Así mesmo, o conselleiro avanzoulle ao alcalde a futura ampliación do IES de Pastoriza, cun investimento aproximado de 400.000 euros. A proposta recollida nos plans da Consellería é habilitar cinco novas aulas destinadas ás ensinanzas de Bacharelato, unha etapa da que o centro carece nestes momentos.

Segundo Román Rodríguez, esta folla de ruta para o Concello de Arteixo implica, por unha banda unha ampliación das infraestruturas a través dun novo centro de infantil e primaria, unha mellora das infraestruturas xa existentes, como é a ampliación do instituto de Pastoriza, e unha ampliación da oferta educativa, xa que se crean novas aulas para atender a demanda de prazas de bacharelato nun dos concellos de Galicia máis dinámicos desde a perspectiva demográfica.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas