Home A Coruña A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior...

A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior de Punta Promontoiro en Mugardos

- Anuncio -

— O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no exercicio xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros


— Durante o simulacro activáronse as sirenas que avisan á poboación en caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron hoxe no simulacro de emerxencia levado a cabo pola Xunta nos establecementos implicados no Plan de Emerxencia Exterior (PEE) do Polígono Punta Promontorio (Mugardos), que inclúe ás empresas Forestal del Atlántico, Reganosa e Imegasa. O exercicio consistiu nun accidente de categoría 2 durante a carga de combustible a un camión cisterna que derivou nunha dispersión tóxica e un incendio.

Santiago Villanueva destacou a importancia que teñen este tipo de exercicios para a coordinación e concienciación do persoal das empresas e da propia cidadanía e da veciñanza sobre como proceder en caso de que ocorra un accidente. Por iso, incidiu na necesidade de fomentar a prevención e levar a cabo este tipo de exercicios que serven para anticiparse a calquera emerxencia que poida pasar.

Durante o simulacro activáronse as sirenas que dan aviso á poboación en caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior e que se chega a ser o caso dunha activación real actuarían como elemento de aviso á poboación, xa que un dos obxectivos prioritarios do exercicio é que a poboación da zona de Mugardos se familiarice cos sons das sirenas e sexa capaz de identificalos no caso hipotético de activación en caso dunha emerxencia real.

No marco do exercicio, tamén se constituíron o Posto de Mando Avanzado (PMA) e o Centro de Recepción de Medios (CRM) coa mobilización de distintos grupos operativos – bombeiros do concello de Ferrol, os Bombeiros Consorcio Provincial da Coruña, GES Mugardos, Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local Mugardos, AVPC Mugardos, PMA Axega, 061 e 112 Galicia, incluíndo o Grupo de Apoio Loxístico de Galicia (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
A activación do PEE de Punta Promontoiro permitiu comprobar os procedementos de mobilización e constitución dos grupos operativos, a coordinación entre este PEE e do plan de emerxencia interior do establecemento industrial; o adestramento do persoal dos grupos operativos e centros de coordinación, mando e control nas tarefas asignadas; así como o uso dos sistemas de comunicacións e a posta en marcha de accións de protección e información á poboación afectada.
Revisión do PEE de Punta Promontoiro
Cómpre lembrar que a comezos de maio aprobouse a revisión do PEE de Punta Promontoiro. Xa en 2013 os plans de emerxencia exterior de Forestal del Atlántico-Imegasa de Mugardos e da planta de recepción, almacenamento, regasificación e expedición do gas natural licuado da empresa Regasificadora do Noroeste, S.A. (Reganosa), tamén de Mugardos, unificáronse neste Plan de emerxencia exterior de Punta Promontoiro, que vén de revisarse para garantir a súa eficacia.

Os plans de emerxencia exterior son os documentos que se elaboran para previr e, no seu caso, mitigar as consecuencias dos posibles accidentes graves nos que interveñen substancias perigosas, previamente analizados, clasificados e avaliados. Ademais, establecen as medidas de protección máis idóneas, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos chamados a intervir.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas