Home A Coruña A Xunta sufraga con 30.000€ obras de mellora na Escola Infantil de...

A Xunta sufraga con 30.000€ obras de mellora na Escola Infantil de Coristanco

- Anuncio -

Entre outras actuacións, aumentaranse as condicións de impermeabilización do edificio e instalarase na entrada posterior unha pérgola para protexer da chuvia tanto aos pequenos como aos seus familiares cando acceden ao centro

A Xunta de Galicia asume o financiamento dun paquete de obras de mellora por un montante de 30.200 euros que se acaban de iniciar na escola infantil de Coristanco, pertencente á rede pública autonómica. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde do municipio coruñés, Juan Carlos García, visitou hoxe o centro para dar conta dos traballos proxectados.

Perfecto Rodríguez explicou que o obxectivo desta intervención “é que as familias gocen dunhas mellores instalacións para os máis pequenos”. Con este obxectivo e aproveitando os meses de verán nos que non hai activade na escola, acometeranse melloras na cuberta, nas fachadas e nas carpintarías exteriores do edificio para aumentar a súa impermeabilización e así evitar filtracións e humidades. Tamén se instalará unha pérgola na entrada posterior para protexer aos pequenos e aos seus familiares cando acceden ao centro nos días de chuvia; e faranse labores de acondicionamento interior e pintado de salas.

Estas obras, que se encarga de realizar o Concello, forman parte do programa de actuacións que de maneira periódica se levan a cabo nas escolas que dependen do Consorcio co fin de garantir o correcto mantemento e bo estado das instalacións. Como é habitual, previamente á súa execución puxéronse en común coa comunidade educativa e contan coa supervisión dos servizos técnicos do Consorcio e do Concello de Coristanco. Ademais, o ente autonómico financia o custe dos traballos, por medio das liquidacións que lle corresponde abonar á administración local por este servizo público.

Gratuidade
Un total de 27 nenos de 0 a 3 anos comezarán as clases o vindeiro mes de setembro na escola infantil de Coristanco, sen que as súas familias teñan que pagar nada pola súa atención educativa. De feito, no curso 2022-2023 todas as escolas infantís de Galicia, con independencia da súa titularidade, serán gratuítas para o 100% do alumnado.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas