Home A Barcala A Baña A Xunta ultima os trámites para incoar a declaración da Casa Cornide...

A Xunta ultima os trámites para incoar a declaración da Casa Cornide como Ben de Interese Cultural

- Anuncio -

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, respondeu unha pregunta no Parlamento sobre o estado dos informes do inmoble
Recordou que, para reducir os tempos de tramitación administrativa, xa se trasladou a documentación aos órganos asesores

A Xunta de Galicia está a ultimar os trámites que permitan incoar o expediente de declaración como Ben de Interese Cultural da Casa Cornide reducindo ao máximo os prazos establecidos pola Lei de Patrimonio Cultural. Así o manifestou hoxe no Parlamento a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, quen respondeu unha pregunta sobre o estado destes traballos.

Como explicou a representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Xunta recibiu a solicitude do Concello da coruña acompañada cun informe elaborado por un equipo multidisciplinar que levou a cabo un proceso de investigación e análise do inmoble desde o punto de vista artístico, histórico e arquitectónico.

Co obxectivo de reducir os tempos de tramitación administrativa a Xunta de Galicia achegou a documentación aos órganos consultivos -o Consello da Cultura Galega, á Real Academia de Belas Artes e á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña-, que están avaliando a consideración deste inmoble como ben sobranceiro para o patrimonio cultural de Galicia e, polo tanto, a pertinencia da súa declaración como Ben de Interese Cultural. Ao mesmo tempo, os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio están elaborando un informe sobre os valores culturais deste inmoble.

Aliado do Concello da Coruña
“Unha vez que se reciban os informes dos órganos asesores xunto co emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, se así o ditaminan, procederemos a tramitar a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de incoación do procedemento para declarar BIC este inmoble, o que determinará a súa protección inmediata ata a súa declaración”, explicou. Neste sentido, a representante autonómica recordou o compromiso do Goberno autonómico por protexer o patrimonio sobranceiro da Comunidade, como así o demostran os 70 bens de interese cultural declarados desde a entrada en vigor da Lei de Patrimonio Cultural de 2016, acadando Galicia un total de 746 BICs.

No caso concreto de Casa Cornide, está catalogado na categoría de monumento no Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e A Pescadería da cidade da Coruña desde 2015. Para dar un paso máis na súa protección e acadar o recoñecemento de BIC, a cidade da Coruña ten no Goberno autonómico un aliado para logralo e seguirá defendendo os intereses do patrimonio público de todos os galegos. Estase a facer coas Torres de Meirás e coas estatuas de Abraham e Isaac, e agora tamén coa Casa Cornide.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas