HomeA CoruñaA “Xuntanza de palilleiras de Neda” celebra este sábado a súa edición...

A “Xuntanza de palilleiras de Neda” celebra este sábado a súa edición 20 aniversario

- Anuncio -spot_img

A Asociación Filigrana organiza este sábado, 21 de febreiro, a “Xuntanza de palilleiras de Neda”, destinada a poñer en valor o laborioso e vocacional traballo de encaixe que realizan. A cita, organizada co apoio do Concello, alcanza a súa 20 edición, un aniversario que a asociación vai celebrar con propostas especiais como a exposición da mestra artesá Ana Rosa Lista.
Preto de 400 palilleiras participarán nesta xornada de convivencia, que reunirá a representantes de case medio centro de asociacións e agrupacións de boa parte de Galicia. Veciñanza e visitantes poderán achegarse de 11:00 a 13:30 h e de 16:00 a 18:00 horas ao pavillón municipal Ale de Paz para comprobar a súa destreza cos bolillos e ver os seus traballos.
A cita, na que non faltarán os tradicionais postos de venda de material relacionado co sector e o sorteo de agasallos, incorpora desta volta a exposición de traballos da mestra, deseñadora e restauradora Ana Rosa Lista (Ames). Esta profesional, experta no debuxo con encaixe, é a autora da Cruz de Santiago incluída no “Árbol de la esperanza”, unha peza, resultado da colaboración de distintas encaixeiras, que se presentou en decembro ao Papa León XIV.
A XX Xuntanza de palilleiras de Neda organízase coa colaboración municipal e conta ademais co apio da Deputación da Coruña e de Artesanía de Galicia.

Publicacións Relacionadas