Home A Coruña Abe Rábade presenta este xoves ‘Tempo de cor’ no Teatro Principal

Abe Rábade presenta este xoves ‘Tempo de cor’ no Teatro Principal

- Anuncio -

O pianista compostelán explora a forza evocadora da cor no seu décimo sexto traballo, na compaña de Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería. As entradas para o concerto poden ser adquiridas de forma anticipada na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no do Teatro Principal o propio día do espectáculo a partir das 19.30 horas.

Abe Rábade volve ao Teatro Principal de Compostela para presentar en concerto o décimo sexto traballo da súa carreira, Tempo de cor. Farao este xoves, 13 de febreiro, ás 20.30 horas na compaña da súa sección rítimica habitual, con Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.

Editado polo selo Karonte, Tempo de cor é un disco temático sobre a psicoloxía da cor. Inclúe sete temas orixinais inspirados polo poder de evocación do vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, púrpura e branco que convidan o público a deixarse bañar por un sinestésico xogo que marida son e imaxe mental. Durante o proceso creativo, Abe contou coa colaboración da artista plástica Beatriz Sáa, quen traballa coa cor como textura e elaborou unha base pictórica que acompaña o traballo na súa versión discográfica física, en soporte virtual e no escenario. O cineasta galego Alfonso Zarauza asina unha versión audiovisual do primeiro sinxelo do disco, ‘Mar de Palabras’.

As entradas para o concerto (12€ con descontos do 50% para diferentes colectivos) poden ser adquiridas de forma anticipada na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C (rúa do Preguntoiro, 1) e no do Teatro Principal, xa o propio día do espectáculo a partir das 19.30 horas.

Abe Rábade

Pianista e compositor nacido en Compostela, conta con dezaseis discos como líder (Tempo de Cor, o máis recente, editado por Karonte Records no 2024), estreou dúas composicións sinfónicas (Tránsitos no 2015 e Tempos Velados no 2018), outras tres obras poético-musicais (Rosalía 21 no 2008, Travesía dos Poetas no 2010 e Lorca Namorado no 2019).

É autor de 200 composicións en estilos como jazz, clásica, experimental e músicas de raíz. Actúa con numerosas figuras de reconocido prestixio internacional en concertos e festivais de todo o mundo. Así mesmo ofrece múltiples masterclasses en centros especializados.

Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999, actualmente é docente nos conservatorios superiores de música de Galiza e Portugal.

Relacionadas

Evacuado o alumnado do IES de Arzúa debido a un incendio no centro

0
Os bombeiros do parque provincial das Arzúa participaron esta mañá nun operativo provocado por un incendio nun dos aseos do IES de Arzúa. Parte do...

O BNG exixe á Xunta no Parlamento que remate dunha vez coa “situación demencial”...

0
Rosana Pérez reclama o persoal médico que precisan os dous centros nun Pleno ao que asistiron un cento de veciños e veciñas e o...

A Copa de Galicia de Kenpo Infantil se celebrará en Palmeira o vindeiro sábado...

0
Hoxe se presentou a Copa de Galicia de Kenpo Infantil que se celebrará o vindeiro día 15 de febreiro no pavillón Alcalde Torres Colomer...

O VI Certame “Dillo Ben Bonito” encara a súa recta final

0
• O prazo para presentar dedicatorias de amor remata o 12 de febreiro O Concello de Laxe recorda que o vindeiro 12 de febreiro finaliza...

A Banda Municipal de Música ofrecerá xunto a oito estudantes do Conservatorio Superior de...

0
Interpretaranse composicións de Strauss, Mozart ou Chapí A Banda Municipal de Música da Coruña actuará este xoves 13 de febreiro a partir das 20.00 horas...

Un autobús coa imaxe de “Carballo levámolo dentro” percorre a partir de hoxe o...

0
O venres 14 estará estacionado na Praza do Concello e queremos conseguir a 365 persoas orgullosas de ser de Carballo para facer unha foto...

Publicacións Relacionadas