Home A Coruña Abegondo adapta a ordenanza fiscal da taxa da escola infantil ‘Pasiños’, que...

Abegondo adapta a ordenanza fiscal da taxa da escola infantil ‘Pasiños’, que pasa a ser gratuíta a partir do curso 2022/2023

- Anuncio -

• A proposta foi aprobada por unanimidade da corporación.

A corporación municipal aprobou, por unanimidade, a modificación da ordenanza fiscal da escola infantil municipal Pasiños, que pasará a ser gratuíta a partir do curso 2022/2023. Ata o de agora, e co fin de seguir establecendo medidas de impulso demográfico, a atención educativa era gratuíta para o segundo fillo e sucesivos. A partir do novo ano académico, e en consonancia coa medida adoptada pola Xunta, este servizo non terá custo para as familias abegondesas.

Neste sentido, o alcalde, José Antonio Santiso, sinalou que levou a pleno o cambio na ordenanza fiscal co fin de axustala “ao decreto autonómico”. O rexedor destacou que a medida cumpre cun dobre obxectivo: “por unha banda, #continuar promovendo a conciliación dá vida laboral e familiar dá veciñanza e, polo outro, séguense estimulando medidas de para fixar poboación nas zonas máis rurais”.

A proposta de modificación foi aprobada polo Partido Popular e por Alternativa por Abegondo.
A maiores, o pleno ratificou, por unanimidade, a aprobación do plan de medidas antifraude de Abegondo. Trátase, tal e como indicou Santiso durante a sesión, dun paso “esencial” para a xestión de fondos europeos. Por último, o Concello aprobou participar no POS Adicional da Deputación da Coruña. A achega provincial será de 457.160,30 euros que se prevé destinar a mellora e acondicionamento de camiños.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas