Home A Coruña Abegondo reabriu hoxe o centro social de Viós tras a renovación realizada

Abegondo reabriu hoxe o centro social de Viós tras a renovación realizada

- Anuncio -

· Ao acto de apertura acudiu o alcalde, José Antonio Santiso, xunto a numerosos veciños da parroquia, e membros do goberno local.

· A actuación supuxo un investimento de 78.216,9 euros. Os fondos procederon das arcas municipais e do financiamento proporcionado polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.


O Concello de Abegondo estrea o centro social de Viós tras as obras de renovación acometidas nos últimos meses. O proxecto supuxo unha notable mellora nas instalacións tanto no exterior como no interior para ofrecer un servizo óptimo aos usuarios.

O acto de reapertura do centro social tivo lugar no mediodía de hoxe sábado. Acudiu o alcalde, José Antonio Santiso, xunto a numerosos veciños da parroquia, e membros do goberno local.

A actuación supuxo un investimento de 78.216,9 euros. Os fondos procederon das arcas municipais e do financiamento proporcionado polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

Coas obras realizouse unha renovación completa da fachada, agora equipada cun sistema de illamento que prevén a aparición de humidades e mellora a eficiencia enerxética do edificio. Ademais, renováronse tanto os canlóns como as xuntas das xanelas, logrando así unha maior protección fronte ás inclemencias do tempo e prolongando a durabilidade da infraestrutura.

No interior do centro social levaron a cabo traballos de pintado, o cambio de portas, a substitución das persianas por estores, a instalación dun novo chan de plaqueta, e a mellora do equipamento da cociña cun extractor de fumes. Así mesmo, o Concello instalou falsos teitos e remates de PVC en todas as xanelas.

Tamén se mellorou a eficiencia enerxética coa colocación de sete focos LED no interior, un foco adicional na entrada con sensor de movemento e cinco luminarias perimetrais.

O Concello tamén construíu un espazo de almacenamento no patio traseiro do recinto, que permitirá aumentar a funcionalidade do centro social e mellorar as súas prestacións para os residentes.

“Hoxe é un gran día para Viós porque dispoñedes dun local que parece novo e que é voso”, expresou Santiso, que destacou que as obras responderon á idea formulada polos residentes. O alcalde cualificou á rede de centro sociais como “imprescindible e estrutural en Abegondo” e por iso as actuacións de mellora nalgunha das dependencias sucédese cada ano.

Relacionadas

O Centro Social de Carreira xa é unha realidade para a súa veciñanza

0
O temporal non foi quen de adiar a tan desexada inauguración do novo Centro Social de Carreira, unha infraestrutura moi demandada pola veciñanza desta...

Mila Castro reclama dilixencia na posta en marcha do Plan Director da Alameda e...

0
▪ Castro esixirá ao executivo local que active o Plan Directo da Alameda, elaborado polo Consorcio e remitido a Raxoi durante o verán, como...

María José Gómez salienta a importancia das poxas degando como punto de encontro da calidade para...

0
― A titular do departamento lembrou que o Goberno autonómico conta cunha liña de achegas dotada con 150.000 euros para a realización de certames...

Incendio nun colector de cartón no Concello das Pontes

0
Os bombeiros do parque Provincial das Pontes foron alertados nesta madrugada dun incendio nun colector de cartón da localidade. O operativo consistiu na extinción mediante...

O Aquarium Finisterrae celebrará a VII Feira de Ciencia Isabel Zendal o vindeiro sábado...

0
O Concello colabora coa Universidade da Coruña na organización da feira, que terá lugar en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a...

Os traballos de mellora do campo de fútbol municipal da Leyma comezan a semana...

0
Hoxe disputaranse os últimos partidos programados antes de comezar as obras, que contan cun orzamento de 430.000 euros A vindeira semana comezarán os traballos de...

Publicacións Relacionadas